Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

Dous feridos nunha colisión múltiple entre catro vehículos en Mos

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas na tarde de hoxe logo de producirse unha colisión entre catro vehículos na A-55, ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos.

 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas diversas persoas particulares que contactaron co centro de emerxencias ás 15:30 horas, catro vehículos chocaron cando circulaban á altura do punto quilométrico 10, próximo a unha gasolineira, sentido Vigo. De acordo co relato das testemuñas do suceso, malia que os ocupantes do turismo estaban liberados e accesibles, algúns deles necesitaban asistencia médica.

 

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño e do Servizo de Emerxencias de Mos.

 

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que dúas persoas tiveron que ser evacuadas ao Hospital de Fátima. Así, para restablecer as condicións de seguridade na vía, ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento das estradas. Ademais, avisouse tamén á Policía Local.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.