GALICIA
A Xunta desenvolve actividades de ocio e seguras para os máis novos en plena natureza
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana o campamento afincado en Forcarei
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou nesta semana o campamento Aventura na Natureza de Pontemaril centrado no deporte e a natureza. Alí puxo en valor a importancia que teñen estas propostas de ocio enmarcadas na Campaña de Verán da Xunta Galicia e coas que se pretende fomentar o lecer educativo, saudable e seguro da xuventude galega.
Neste campamento lévanse a cabo actividades acuáticas como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe.
Os nenos que participan neste campamento teñen entre 11 e 14 anos e están nunha das últimas quendas da actividade, que rematará mañá sábado. Á súa vez está tendo lugar Pequecho Aventura, neste mesmo campamento, pero dirixido aos nenos de entre 9 e 11 anos e que rematará o próximo día 8 deste mes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151