PONTEAREAS
A Xunta instalará na praza de abastos de Ponteareas con 105 paneis solares
O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa, Cristina Fernández, supervisa o remate desta actuación, que estivo financiada polo Instituto Enerxético de Galicia cun investimento de 47.000€
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, vén de impulsar a mellora da eficiencia enerxética integral da Praza de Abastos de Ponteareas co financiamento dun proxecto de instalación de 105 paneis solares fotovoltaicos que permitirán a xeración de enerxía para o autoconsumo deste edificio comercial.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, supervisou esta semana no mercado municipal o remate desta actuación, que se desenvolveu ao longo do primeiro semestre deste ano cun investimento de 47.000 euros e o financiamento, do 80%, a cargo da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
“Estamos a colaborar cos concellos para favorecer o autoconsumo, reducir a factura eléctrica das administracións públicas e diminuír a contaminación no marco da nosa política de preservación e coidado do medio ambiente e cumprimento da Axenda 2030 e, ao abeiro desas accións, apoiamos o proxecto de Ponteareas”, detallou o representante autonómico.
A infraestrutura evitará a emisión de 410 toneladas anuais de dióxido de carbono e subministrará a enerxía ao mercado municipal, a biblioteca e o conservatorio
A actuación de mellora da eficiencia enerxética da Praza de Abastos de Ponteareas enmárcase nunha liña de axudas concedida pola Xunta de Galicia para a modernización dos sistemas enerxéticos de equipamentos públicos, con biomasa ou aproveitamento solar, que beneficiou a unha decena de proxectos da provincia de Pontevedra, entre os que figuran catro na bisbarra do Salnés, tres no Deza, Caldas de Reis e Tomiño, ademais do citado na capital do Condado.
No caso de Ponteareas, instaláronse 105 paneis solares fotovoltaicos na Praza de Abastos que permitirán autoabastecer a este edificio e subministrar enerxía á Biblioteca Municipal e ao Conservatorio de Música, xa que se atopan nun radio de distancia inferior aos 500 metros e nos que se reducirá en torno a un 50% a factura eléctrica. Ademais, evitarase a emisión de 410 toneladas anuais de dióxido de carbono.
“É unha satisfacción comprobar o resultado de meses de traballo nun proxecto importante dende o punto de vista enerxético, ambiental e económico e ademais xa está listo para funcionar e beneficiar ao pobo de Ponteareas, que sempre ten a máxima colaboración da Xunta para os seus proxectos de interese xeral”, concluíu Luis López.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49