Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Xornal21.es
Lunes, 09 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Máis de 8.600 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo no mes de xullo

Durante o mes de xullo na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendéronse a 8.684 persoas que demandaron información turística sobre a localidade e a contorna, e sobre o Camiño de Santiago.


Así do total de consultas recibidas 6.638 foron realizadas por turistas e 2.046 por peregrinos.  Do 22 ao 31 de xullo foi cando se rexistrou a maior afluencia de persoas a este punto de información turística con 3.564 consultas, unha cifra que duplica a da semana do 8 ao 14 de xullo cando 1.569 persoas se achegaron até a Oficina de Turismo na praza de San Fernando.


O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, manifesta que ““os datos son alentadores e permiten ver con certo optimismo o futuro”. Engade que “no número de turistas estamos en cifras semellantes ás do ano 2019, e en peregrinos hai un pequeno descenso motivado polos requisitos para poder tomar vos internacionais”. Destacaba coma as persoas que este verán están achegándose a Tui “quedan sorprendidos e asombrados pola fermosura da cidade, e valoran que Tui poida ser un punto neurálxico para coñecer a comarca, o Norte de Portugal e incluso as Rías”


O edil de Turismo destacaba coma estes días a visita ao Museo Diocesano, ou á Mostra de Traxes Tradicionais no cárcere vello, son un atractivo máis para os visitantes que se achegan á cidade.


A Oficina Municipal de Turismo de Tui está situada na praza de San Fernando, a carón da Catedral. Abre de luns a domingo de 9.30  a 14 h e de 16 a 19 h, e se pode contactar coa mesma a través do teléfono 677 41 84 05.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.