Vigo
O derrubo de Marcador durará un máximo de dous meses
Abel Caballero avanzou que en seis ou oito semanas concluirán os traballos de demolición da bancada, que comezaron este mesmo luns, previos á construción do novo Marcador. O alcalde e a presidenta da Deputación visitaron as obras de Balaídos, ás que ambas institucións adican 15,5 millóns de euros.
Os operarios da empresa adxudicataria demolen desde este luns as bancadas e a cuberta de Marcador, no estadio municipal de Balaídos, unha fase da obra de construción do novo fondo do estadio que se alongará “entre mes e medio e dous meses, aproximadamente”, segundo informou Abel Caballero despois dunha visita ao coliseo vigués.
En total se derrubarán 10.000 toneladas de formigón, explicou Caballero, incluíndo as 22 unidades góndola que conforman a cuberta, do mesmo material. A demolición e posterior construción do novo Marcador será compatible co desenvolvemento da competición, que o Real Club Celta de Vigo inicia esta mesma fin de semana en Balaídos.
En rolda de prensa posterior, o alcalde afirmou que se completou o traslado dos sistemas e da infraestrutura técnica que emprega a Liga para o control do estadio e tamén dos efectivos de Bombeiros. No espazo que ata o de agora ocupaba o servizo de extinción se dará cabida a dependencias técnicas da Liga e tamén a dous dos oito ascensores que se disporán co novo Marcador, e que serán utilizables para todo o recinto deportivo.
Unha vez completada a obra, se salvará a “inmensa distancia” existente entre o aficionado e o terreo de xogo: “Agora estará trinta metros máis cerca do campo”. Caballero tamén puxo en valor o investimento de Concello e Deputación na obra, 15,5 millóns de euros que se engaden ao destinado polos gobernos provincial e vigués para as bancadas de Río e de Tribuna, que elevan o monto aos 27,5 millóns de euros ata o momento.
Marcador
A nova grada de Marcador contará con 6.418 butacas: 2.791 en Marcador Alto e 3.977 en Marcador Baixo. En canto á iluminación, demolidas as torres, se redistribuirán os 60 focos existentes nas zonas novas dispoñibles. No relativo ás actuacións que se realizarán unha vez completado o derrubo, adaptaranse os espazos interiores destinados a circulación, aseos, usos propios do estadio, das instalacións e da zona comercial. No subsolo, executarase un semisoto a 5 metros; nos accesos a través da zona porticada inclúense escaleiras e oito ascensores e acometeranse actuacións nas plantas baixa, primeira, segunda, terceira e cuarta. O prazo de execución da obra, que arrancou a finais de marzo, é de 18 meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149