Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 10 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos confíalle un novo proxecto á arquitecta Estefanía Grandal

Estefanía Grandal asina a proposta para a reforma integral da Biblioteca Municipal e Xulgados de Paz de Mos

O Concello de Mos opta a subvención do Plan Concellos para realizar a reforma integral do edificio que alberga a Biblioteca Municipal e Xulgados de Paz de Mos, sito na Porteliña, parroquia de Petelos.


Para a devandita mellora integral a administración municipal mosense, e a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, confiaron e apostaron novamente pola arquitecta local Estefanía Grandal. Arquitecta de moda por ter recibido dous premios autonómicos pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña, que desde o Concello e Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anunciaban fai uns días.


Para a mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz  Mos, Fani Grandal e Ludmila Castro, que acompaña á mosense neste proxecto, fan unha proposta de actuación que pretende conseguir un edificio caracterizado polo uso de materiais espidos, destacando a expresión natural dos mesmos.


A da Porteliña trátase dunha edificación de planta baixa e planta primeira cunha superficie construída total de 317,81 m2, con forma rectangular e materializada con cuberta a catro augas e fachada de pedra rosa Porriño con canto de forxado vistos.


Para a mellora integral programada pártese do cerramento de pedra existente e dos elementos estruturais en formigón visto. Con iso de base, introdúcense os metais en zinc e aluminio anodizando natural que apoian a rehabilitación para conseguir un resultado interior de maior confort: carpinterías exteriores e cuberta. O interior da biblioteca manterá a mesma esencia que o exterior. Neste caso, será a madeira, na súa expresión natural, a principal protagonista.


“Con ela búscase achega a calidez necesaria neste tipo de uso. Xeráronse mobles a media altura que van moldeando un único espazo para conseguir ambientes máis reducidos e íntimos. Búscase non romper o contacto visual do espazo na súa totalidade; dispoñendo de espazos polivalentes e zonificados para xerar unha maior sensación de confort”, explica Grandal.


Ademais propóñense unha serie de mellorías para garantir o confort térmico e visual: mellora do illamento térmico da envolvente do edificio, instalación de novos equipos de produción de calor ou frío, mellora das instalacións de iluminación, implantación de equipos de contabilización, e monitoraxe de datos.


O orzamento desta reforma ascende a 481.375,53 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.