Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 13 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro divulgará o patrimonio da parroquia de Cabreira cunha exposición

[Img #70781]A apertura da exposición terá lugar o sábado 14 de agosto no Centro Cultural de Xerme en Cabreira, o horario será de 10:30h a 13:30h e de 15:30h a 20:00h, poderá visitarse tamén o domingo 15.

 

A exposición contará con paneis onde se mostrarán datos dos elementos patrimoniais de Cabreira. Entre o contido poderán verse fotografías, planos e textos. Toda a documentación pretende achegar aos propios veciños o seu patrimonio, en definitiva unha visión que enriqueza o coñecemento diario que teñen del. Está aberto a todo o público que se queira achegar.


Dende Lazoiro explican “esta iniciativa pretende facer un labor de divulgación do Patrimonio Cultural da parroquia de Cabreira, é o terceiro ano que se leva a cabo este tipo de iniciativa de aproximar a acción da asociación ás parroquias, a anterior edición foi en Alxén, e que pretende ter continuidade no tempo”.

 

Un dos obxectivos de realizar a exposición é, segundo afirman “a necesidade de coñecer máis sobre a memoria nas nosas parroquias, desta forma poderemos ampliar o proxecto de recuperación fotográfica Memoria de Salvaterra, no que levamos anos traballando”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.