PROVINCIA
A voz inigualable de Najla Shami alzouse en Baiona contra as violencias machistas
O feminismo e a fusión de culturas da artista encheron de emoción o parque da Palma onde Najla Shami removeu conciencias e interactuou co público
Cun espectacular solpor e fronte ao mar de Baiona e co fondo das Illas Cíes, a poesía, a voz e a música uníronse na noite deste luns en “Palabr(A)”, a actuación coa que Najla Shami fixo un chamamento claro, emotivo, doce e vibrante pola igualdade no baionés parque da Palma. Con temas cun marcado corte feminista, nos que tamén deixou ver a protesta social e a fusión de culturas, a artista removeu a conciencia das persoas asistentes a este concerto do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ao que asistiron a presidenta, Carmela Silva, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a deputada provincial, Raquel Giráldez, e representantes da corporación local. Todas elas e eles deixáronse levar polas músicas do mundo, corearon algúns dos temas, aplaudiron e desfrutaron do concerto sen esquecerse do motivo que as e os levou alí: a erradicación da violencia de xénero.
Durante preto dunha hora a artista interpretou cancións dos seus dous traballos, “Na lingua que eu falo” e “Ela sabe a sol”, que a fixeron alzarse co favor da crítica e gañar varios premios. Najla Shami non estivo soa sobre as táboas, acompañárona a súa guitarra e o guitarrista Raúl Quioquio, que se quedou nun segundo plano e xunto a ela marcou o ritmo da actuación. Ao compás da música xurdiu unha conversa na que se puxo de manifesto a necesidade de expresar a forma do mundo na boca dunha muller empregando a poesía e a música como vehículo e arma. Todas as cancións da artista están compostas “dende a muller”, segundo ela mesma explicou durante a actuación, e nelas fala de “como as mulleres sacan forza de onde non a hai para renacer como a ave fénix”. Ademais, Najla Shami aproveitou a ocasión para agradecer á Deputación todas as accións que leva a cabo en materia de igualdade para “visibilizar o que se ten que visibilizar”.
A “Palabr(A)” de Najla Shami foi a décimo novena das 25 accións da actual VI edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, co lema “Emerxencia cultural, urxencia feminista! Ni un paso atrás na loita cara a igualdade”. No que resta deste ano haberá outras seis propostas en outros tantos concellos da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8