Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 13 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva visita na Cañiza a mostra sobre a muller ao longo do tempo

A presidenta da Deputación, da man do alcalde Luis Piña, percorreu a exposición que pode verse no Salón de Plenos ata o 14 de agosto

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou  o Concello para acompañar ao alcalde Luis Piña na promoción do Xamón da Cañiza, e percorreu posteriormente a mostra fotográfica e material que baixo o título "A Muller ao longo do tempo no concello da Cañiza", que se expón no Salón de Plenos ata o 14 de agosto. A mostra fai un percorrido na liña do tempo dende finais do século XIX ata mediados do XX, no que se amosa, en máis de 104 imaxes e 77 pezas de colección, as vivencias das mulleres da Cañiza no entorno da familia, no traballo, no seu tempo de lecer, na vida relixiosa  e na escola e todos estes momentos baixo a dureza dun entorno rural que se percibe nalgunhas das fotografías expostas.

 

A presidenta provincial mostrou a súa satisfacción ante "unha iniciativa tan necesaria como esta que visibiliza ás mulleres do Concello ao longo dos anos, así como a importante pegada do seu traballo en todos os eidos da vida diaria". Carmela Silva aplaudiu o esforzo que desde o goberno local se está a facer "por poñer cara e nome a tantas mulleres invisibilizadas, ocultadas e negadas na historia, nun exercicio de reparación e memoria  para recoñecer a todas as que tanto fixeron en cada pobo e vila, neste caso na Cañiza".

 

Unha das seccións da mostra  máis interesantes é a de Mulleres Pioneiras no seu tempo. Neste recuncho a presidenta provincial tivo a oportunidade de coñecer a dúas mulleres que deixaron unha impronta e pegada especial na historia da Cañiza. Dúas mulleres  loitadoras e precursoras dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta para as mulleres: Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos, que foi a 2ª muller titulada en Arquitectura en España, facendo parte dunha xeración de mulleres pioneiras que se foron incorporando paulatinamente á profesión a partires dos anos 30, e María Purificación Gómez González, cordobesa afincada na Cañiza, que no ano 1936 presidiu o goberno, converténdose así na única muller, naquela época, alcaldesa dun concello de Galicia.

 

Estas dúas mulleres acompañan na exposición a outras moitas que nos difíciles anos dende a perda das colonias de Cuba, Filipinas, Puerto Rico e Guam ata mediados dos anos 50 do século XX, en plena ditadura franquista, tiveron que soster ás súas familias, ocuparse do coidado dos fillos e do fogar, traballar no campo e nos oficios propios da muller e coidar dos bens patrimoniais, que en moitas ocasións, nin sequera tiñan en propiedade e todo sen a axuda dos seus homes xa que nesa época histórica, especialmente convulsa, eran chamados a filas para loitar nos múltiples pronunciamentos militares que tiveron lugar.

 

Ao rematar a visita, a presidenta da Deputación Carmela Silva asinou no Libro de Honra do Concello onde ratificou o seu compromiso coa Cañiza para traballar, dende a institución provincial, no seu progreso presente e futuro. O alcalde agradeceu en nome de todas as veciñas e veciños da Cañiza este xesto de amizade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.