Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 16:06:21 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O sector turístico da provincia prepararase para a captación de fondos europeos

A institución celebrará unha webinar con persoas expertas de primeiro nivel para informar ás empresas da oportunidade de optar aos fondos Next Generation

 A Deputación de Pontevedra organizará no mes de setembro unha importante webinar con expertos e expertas de primeiro nivel do Estado para informar a todo o sector turístico da provincia dos proxectos de financiación dos fondos Next Generation que se van a dedicar ao turismo, fondos cos que o sector poderá optar a “miles de millóns de euros”. Para asistir a esta xornada será preciso realizar unha inscrición previa a partir do 30 de agosto no sitio web de Turismo Rías Baixas (www.turismoriasbaixas.com).

 

A presidenta provincial Carmela Silva puxo de manifesto a preocupación “por facer chegar toda esa información, que é moitísima, ás empresas para que teñan as claves moi claras e facer que esa inxente financiación do Plan de Recuperación poida chegar ao sector privado da provincia”. Con esta webinar, destacou Carmela Silva, poderán coñecer “cales son as liñas, que é o que vai a ser subvencionable, cales van a ser as datas de presentación e que proxectos se poden presentan para acadar a estes recursos”.

 

Este encontro dixital contará con Enrique Martínez, presidente de Segittur, para falar sobre as axudas enmarcadas no Plan de Recuperación, e Galo Gutiérrez, director xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que dará a coñecer os retos e oportunidades para as PEMES na recuperación. Xunto a eles tomarán a palabra John Mora, de Globaldit, quen versará sobre as tecnoloxías aplicadas ao turismo, e Alberto Martínez, director xeral de Red.es, que ilustrará as persoas asistentes sobre todas as cuestións que teñen que ver coa financiación que vai a permitir a dixitalización dos destinos turísticos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.