CULTURA
‘Cultura no Camiño’ leva 32 actuacións escénicas ás áreas de Pontevedra e Caldas de Reis
Haberá funcións ata finais de setembro nos concellos de Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Vilaboa, Caldas de Reis, Portas, Cuntis, Moraña e Marín
As áreas de Pontevedra acollen ao longo do verán 32 espectáculos escénicos enmarcados no programa Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración cos concellos. Haberá funcións en Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Vilaboa, Caldas de Reis, Portas, Cuntis, Moraña e Marín, cuxo calendario pode consultarse no web de Cultura. Nesta edición, o circuíto bate o seu récord de participación, con 164 entidades locais adheridas.
A programación na comarca de Pontevedra arrincou a mediados de xullo en Campo Lameiro, con concerto de Carlos Núñez. As dúas funcións restantes terán lugar en setembro coa narradora Marta Ortiz e a música de Galifunk. A finais de agosto comeza o cartel en Ponte Caldelas, co concerto de Samudra Trío. Este concello concentra o groso das sesións no mes de setembro, no que haberá música con A Banda do Verán, Magín Blanco e Mamá Cabra, teatro con Caxoto e maxia con O Mago Paco.
En Vilaboa ofreceranse catro propostas entre agosto e setembro, con teatro da man de Tanxarina e de Culturactiva, novo circo con Kote Malabar e maxia con Cayetano Lledó.
Por outra banda, Marín suma tres actuacións que xa se realizaron en xullo e a comezos de agosto coa maxia de Pedro Volta e a música de Manoele de Felisa e de Carlos Núñez.
Funcións na comarca de Caldas de Reis
Na área de Caldas de Reis, Cultura no Camiño principiou en xullo en Cuntis co novo circo de A Vela Circo e a maxia do Mago Teto. Neste concello a programación continúa en agosto co teatro de Rilo & Penadique e o Desconcerto de Félix Rodríguez e Fran Rei, ademais do novo circo de Circo Chosco. En setembro será a quenda da música con Cé Orquestra Pantasma e do novo circo con Pedro Brandariz.
Das tres propostas previstas en Moraña, dúas xa se desenvolveron en xullo, co concerto de Oca Band e o Desconcerto de Félix Rodríguez e Fran Rei. A finais de agosto será a terceira e última función da man de Migallas Teatro.
O circuíto cultural programado en colaboración cos concellos bate este ano récord de participación con 164 localidades adheridas, que ofrecerán arredor de 680 actuacións a cargo de 240 formacións artísticas
Pola súa banda, Caldas de Reis, que tamén arrincou en xullo co teatro de Malasombra Producións, desenvolve tres actuacións ata mediados de agosto, cos concertos de Galifunk e de Talabarte. Finalmente, Portas, que xa ofreceu en xullo a maxia de Dani García, remata en setembro co Desconcerto de Félix Rodríguez e Fran Rei e a coa música de Ancestros.
Descentralización da oferta cultural
Cultura no Camiño é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Turismo de Galicia, co apoio de Gadis, que ten como obxectivo contribuír á descentralización da oferta cultural e ampliar as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo na Comunidade galega.
Para o desenvolvemento desta edición, a Xunta adxudicou un millón de euros en subvencións ás entidades locais que se sumaron ao circuíto, co que se cofinancia a contratación de máis de 240 formacións artísticas galegas no marco do Plan de reactivación cultural posto en marcha polo Goberno galego. Realizaranse arredor de 680 actuacións desde xullo a setembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184