Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Xornal21.es
Sábado, 21 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño organiza cursos dirixidos á infancia e mocidade para "romper estereotipos"

Para inscribirse pódese mandar un correo electrónico, chamar ao 986623304 ou pasar pola aula situada no Campo da Feira

A Aula CEMIT de Tomiño impartirá os días 23 e 24 deste mes dous obradoiros de balde dirixidos á xente nova de entre 8 e 15 anos, baixo o lema “Steam, derrubando estereotipos”.

 

[Img #70882]O obxectivo é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás, para espertar o interese e reforzar a confianza nas propias capacidades a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas, Trataranse temas como: a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo; a colaboración e o traballo en equipo, etc.

 

Utilizaranse ferramentas como o Scratch, Makey Mackey e circuítos de papel, adaptando os contidos á idade dos participantes. Haberá 2 grupos: un de 8 a 11 anos (luns e martes de 10.00 a 11.30h), e outro de 12 a 15 anos, en horario de 12.00 a 13.30h.

 

Para inscribirse pódese mandar unha mensaxe a cemit.tomino@xunta.gal (enviando un teléfono de contacto), chamar ao 986623304 ou pasar pola aula situada no Campo da Feira do Seixo).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.