Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Martes, 17 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda acolle a campaña do Proxecto Depomar

A praza Avelino Vicente do Concello da Guarda foi hoxe a nova parada da campaña informativa do proxecto DepoMar, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha con financiamento europeo xunto á Fundación Biodiversidad para fomentar a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos da Rede Natura 2000 da provincia a través da participación activa e directa das mulleres mariscadoras.

 

O deputado provincial Sántos Héctor, acompañado da concelleira Montse Magallanes e do concelleiro Miguel Español, participou nesta xornada da campaña, que está a ter unha grande acollida e percorrerá en total oito concellos do litoral da provincia. Deste xeito, na carpa distribuíuse material divulgativo do proxecto e dous códigos QR: un co audiovisual do proxecto, protagonizado por mulleres do sector do mar e que ten como obxectivo difundir a importancia do traballo da muller mariscadora na conservación dos recursos mariños, que tamén está a difundirse nas redes sociais da Deputación, e outro co código de boas prácticas elaborado no marco desta iniciativa. 

 

Tralo seu paso polos concellos de Vigo e A Guarda, a campaña continuará ata o 27 de agosto nos concellos de Cangas, Baiona, Redondela, O Grove, Cambados e Poio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.