GALICIA
O DOG publica axudas para apoiar a inserción laboral de 3.500 traballadores con discapacidade
O Goberno galego promove estes apoios con 20 millóns de euros para o período 2021-2022 e están dirixidos á creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos centros especiais de emprego
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o investimento de 20 millóns de euros para o apoio a inclusión laboral dunhas 3.500 persoas con discapacidade en 110 centros especiais de emprego (CEE) da Comunidade na convocatoria 2021-2022. Con estas axudas, que superan en máis do 16% á anterior edición, apóiase a creación, ampliación, continuidade e adaptación dos postos de traballo, así como o mantemento do salario dos traballadores nos CEE e a contratación de unidades de apoio.
O obxectivo principal destas axudas, que se duplicaron desde 2016, é promover a integración laboral deste colectivo por medio dos CEE a través de tres programas: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional (1,2 millóns de euros); axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos CEE (1,1 millóns de euros); e o terceiro, con orzamento inicial de 17,7 millóns de euros, manter o custo salarial das persoas empregadas con discapacidade.
No marco da convocatoria, cuxos apoios poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro, o primeiro dos programas permite cubrir os custos salariais e de Seguridade Social derivados da contratación duns 80 profesionais que traballarán nas unidades de apoio destes centros de traballo que, coa súa labor, axudarán a unhas 560 persoas con discapacidade e especiais dificultades de inserción laboral.
Co segundo dos programas, a Xunta contribúe á xeración de postos de traballo indefinidos para persoas con discapacidade. A contía da axuda será de 12.000 euros por posto creado a xornada completa, que se pode incrementar con incentivos acumulables do 25% en colectivos como mulleres, persoas en risco de exclusión social, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou centros de traballo emprazados no rural. Deste xeito, as axudas poderán alcanzar os 30.000 euros por persoa.
Apóiase con ata 30.000 euros a xeración de empregos indefinidos para persoas con especial dificultade e desigualdade para acceder ao mercado de traballo
Este programa tamén inclúe apoios para a adaptación de postos de traballo e a eliminación de barreiras arquitectónicas con axudas de 2.000 euros por posto adaptado. Así mesmo, concederanse axudas para financiar asistencias técnicas que sexan necesarias para a creación, mantemento e mellora dos centros especiais de emprego. Entre outros, financiarase a contratación de persoal de dirección, os traballos necesarios para a obtención de certificados de calidade, estudos de viabilidade, organización e comercialización, asesoramento, auditorías e informes económicos. As contías oscilarán entre os 1.000 e os 15.000 euros.
A iniciativa máis dotada, no terceiro dos programas (17,7 millóns de euros), está dirixida ao mantemento do custo salarial dunhas 3.500 persoas traballadoras con discapacidade en 110 centros especiais. A axuda para este ano será de 6.650 euros ao ano (50% do salario mínimo interprofesional vixente) por traballador contratado a xornada completa, incrementándose ata os 7.980 euros anuais (60% do salario mínimo) para aqueles con especiais dificultades de inserción.
Nos últimos dez anos, o número de persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia multiplicouse por máis de dúas veces e media, pasando das 1.296 persoas en 2009 ás 3.394 o ano pasado.
A corrección das desigualdades e a xustiza para con toda a sociedade dende o eido do traballo, neste caso enfocado ás persoas con discapacidade, é unha prioridade para o Executivo galego. O acceso ao emprego é un elemento decisivo para a integración das persoas con discapacidade na economía e na sociedade e un dos eixos da Estratexia de Economía Social dotada cun investimento de 73M€ para o período 2019-2021 que presta especial atención á empregabilidade dos colectivos con especiais dificultades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149