Xornal21.es
Domingo, 22 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
GALICIA
A Xunta garante a vixilancia estrita nos encoros da Demarcación Galicia-Costa
A Xunta exerce un labor de vixilancia estrita e control de seguimento nos encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica, e pídelle ao Goberno de España que actúe do mesmo xeito nos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de responsabilidade estatal.
O Goberno galego considera preocupante o acontecido en determinados encoros de abastecemento e aproveitamento hidroeléctrico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, que rexistraron un descenso moi acusado dos seus volúmenes de ocupación en escasos días.
A Xunta manifesta a necesidade de que o Goberno central, responsable dos aproveitamentos hidroeléctricos máis potentes na Comunidade Autónoma, exerza un control eficaz sobre a actuación das empresas titulares das concesións para garantir en todo momento as reservas de agua necesarias para o abastecemento da poboación e os valores ambientais.
Isto é o que ven facendo a Xunta de Galicia no ámbito no que ten competencias, nos encoros pertencentes á Confederación Hidrográfica de Galicia-Costa, velando porque se cumpran estritamente as normas de explotación dos encoros e incoando os expedientes sancionadores que, no seu caso, se consideren oportunos.
A este respecto, en todos os encoros situados na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa establécese de forma xeral un nivel mínimo de explotación, de tal forma que a parte de protexer a fauna que habita nestas masas de auga, se manteña unha reserva mínima aos efectos de garantir o mantemento dos caudais ecolóxicos mínimos establecidos. Estes niveis establécense tanto nas Comisións de Desaugamento de Encoros, que teñen un carácter semestral, así como na tramitación das normas de explotación das presas, cuxa aprobación lle corresponde a Augas de Galicia a proposta do titular.
O orixe desta limitación está no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais que establece no seu artigo 83 a obrigación de comunicar ao organismo de conca e cunha antelación mínima de un mes cando o volume de auga baleirado dun encoro sexa maior có 80% do volume máximo da masa de auga. Esta comunicación ten como obxecto a de establecer as medidas que se deberán adoptar para protexer a poboación ictícola que puidese verse afectada, por parte do órgano competente na materia de pesca fluvial.
Polo tanto, a Xunta de Galicia conta con mecanismos de control e de vixilancia nos encoros situados na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, cos niveis máximos e mínimos establecidos nas Comisións de Desaugamento de Encoros e nas Normas de Explotación das Presas aprobadas por Augas de Galicia.
Ademais, no caso dos encoros de Galicia-Costa que tamén se dedican a abastecemento, a Xunta vela por que se garanta tanto o caudal ecolóxico establecido como o abastecemento de auga á poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149