Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Aberto o prazo para participar nas rutas de “Bosques terapéuticos“ e “Depoandainas”

A Deputación de Pontevedra seguirá a desenvolver no vindeiro mes de setembro un amplo programa de actividades ao aire libre para fomentar hábitos saudables entre a cidadanía e promover ao mesmo tempo o desfrute dos espazos naturais da contorna da provincia. Deste xeito, este luns 23 de agosto abrirase o prazo de inscrición para as sete rutas previstas ese mes dos Bosques Terapéuticos. Ademais ábrese o prazo para participar na cuarta DepoAndaina deste verán que terá lugar o 12 de setembro polo sendeiro azul do río Verdugo, no Concello de Ponte Caldelas. Para tomar parte nestas actividades, as persoas interesadas terán a súa disposición a partir do luns formularios na web da Deputación (nas ligazóns https://www.depo.gal/visitas-guiadas-bosques-terapeuticos e https://www.depo.gal/depo-andainas). No caso dos Bosques Terapéuticos, hai 105 prazas (15 por cada ruta), e para a DepoAndaina ofrécense 200.

 

Os “baños de bosque“ desenvolveranse neste mes de setembro no Parque Natural Monte Aloia de Tui (día 4), na Ruta da Pedra e da Auga de Meis (día 12); no sendeiro azul do río Verdugo en Ponte Caldelas (5 e 19); na Senda do Almofrei de Cerdedo-Cotobade (18) e na Fraga de Catasós (11 e 25 de setembro). Ademais, o sendeiro azul caldelán será o 12 de setembro o escenario da cuarta e última DepoAndaina deste verán programada pola Deputación. Será unha camiñada de aproximadamente 8,5 quilómetros de itinerario circular, na que as persoas participantes poderán gozar da tranquilidade dos camiños e sendas dos e das pescadores do río Verdugo ao seu paso polo concello de Ponte Caldelas. A andaina ten unha dificultade media e a saída será ás 10 horas desde a Rúa da Ponte de Ponte Caldelas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.