Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación disponsta para acoller ata 35 refuxiados/as afganos/as

A presidenta, Carmela Silva, adianta á Federación Galega de Municipios e Provincias, a vontade solidaria de colaborar para axudar a resolver a crise humanitaria

Total colaboración da Deputación para colaborar na resolución da crise humanitaria derivada da evacuación de Afganistán. A presidenta Carmela Silva comunicou á federación a disposición da Deputación para acoller a 22 persoas de xeito individual na Residencia da Cidade Deportiva do Centro “Príncipe Felipe”, cifra que podería incrementarse ata un total de 35 se as persoas acollidas son unidades familiares que formen grupos burbulla.

 

Na resposta, Carmela Silva confirma a disposición da Deputación para botar unha man “diante da dramática situación producida en Afganistán”. “Queremos cooperar, unha vez máis, na acollida das persoas que necesiten asilo en España”. Na resposta tivéronse tamén en conta os recursos existentes e os condicionantes derivados da pandemia, a efectos de garantir os protocolos de protección e prevención sanitarias nun centro ao que a Deputación está a prestar unha intensiva atención e seguimento dende o comezo da pandemia.

 

A Fegamp comezou hoxe a recompilar información sobre a dispoñibilidade das distintas entidades da Administración local galega de cara a resolver a crise humanitaria co obxectivo de trasladar toda a información ás autoridades competentes e colaborar así a organización do operativo de acollida.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.