TURISMO
Amplíase ao 50% a ocupación dos albergues
A Xunta amplía ao 50% a capacidade dos albergues do Camiño de Santiago, tanto os da rede pública como os privados, para acoller con seguridade aos peregrinos que percorren as rutas xacobeas. A medida publicábase no Diario Oficial de Galicia.
Ante a ampliación da ocupación dos albergues, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha reunión con representantes do sector na que fixeron unha avaliación da situación actual polo progresivo incremento de peregrinos -79.145 as Compostelas seladas no que vai de ano-, e concretaron o protocolo a seguir ante a nova situación e ante a posibilidade de seguir incrementando a capacidade dos albergues se a evolución epidemiolóxica segue a ser favorable.
Do mesmo xeito que antes se fixo no ocio nocturno, oito albergues de diferentes rutas do Camiño participarán nunha proba piloto que permitirá elaborar un manual de boas prácticas, co uso de medidores de CO2 e outras medidas que garantan unha correcta ventilación. Estas medidas sumaranse ás que xa están vixentes nos albergues, que contan cun protocolo de actuación ante a covid para dar seguridade tanto aos peregrinos como aos albergueiros.
A Xunta segue a traballar para garantir un Camiño seguro, como o demostran as medidas tomadas tanto dentro dos albergues como nas rutas, a posta en marcha do seguro coronavirus, a redución da capacidade dos locais e o mantemento das distancias de seguridade, entre outras medidas.
Ese traballo está a dar os seus froitos, como o demostra a confianza demostrada polos peregrinos e o feito de que os positivos pola covid no Camiño foran puntuais tendo en conta a progresiva afluencia de camiñantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6