Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 09:32:09 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 31 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Smartpeme pon en marcha esta semana dous obradoiros online

Os días 1 e 2 de setembro a iniciativa da Deputación para a formación e asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre email márketing e márketing dixital

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana dúas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego do email márketing e a súa correspondente medición de impactos e sobre a elaboración dun plan de márketing dixital paso a paso.

 

Este mércores, día 1, impartirase o obradoiro “Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing”, no que a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde explicará como dar a coñecer mensaxes, produtos ou servizos con esta ferramenta. Falará tamén das súas vantaxes e ensinará a mellorar o seu deseño e medir os resultados e impacto das súas campañas.

 

Pola súa banda, o xoves, día 2, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández impartirá “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, obradoiro no que se centrará na necesidade de dispor dun plan de márketing dixital previo á execución de calquera acción de márketing para despois afondar na súa utilidade e na súa creación paso a paso cun exemplo real.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.