Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 21:26:54 horas

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As “Historias Cavadas” comezan a contarse a vindeira semana no Castro de Toiriz

As primeiras visitas serán o 13 e o 15 de setembro no xacemento do Deza e o programa continuará a súa andaina no vilagarcián Castro Alobre e na Subidá, en Marín

Tras o seu aprazamento polo risco de chuvia, a estrea do programa da Deputación “Historias Cavadas” terá lugar os próximos luns 13 e mércores 15 de setembro con dúas  visitas escenificadas ao musealizado Castro de Toiriz, en Silleda. As “Historias Cavadas” continuarán en Castro Alobre (Vilagarcía) o 16 e 30 de setembro, e na Subidá (Marín) os días 17 e 24.

 

Este novo programa da Deputación de Pontevedra, que xa ten esgotadas as súas prazas nas tres localizacións da provincia, conxuga cultura, diversión e patrimonio e busca poñer en valor os castros musealizados da man dos principios de sustentabilidade, accesibilidade e inclusión de tódolos públicos.

 

As sesións serán realizadas polo grupo Troula Animación, con máis de 20 anos ás súas costas na produción de espectáculos de rúa, e estarán protagonizadas por dous personaxes -un romano e unha castrexa- que lle darán un toque cómico a estes percorridos pola historia, co obxectivo de converter as visitas nunha experiencia cultural e divertida para todos os públicos. A duración estimada de cada pase é de 50 minutos e todos eles serán accesibles e inclusivos, ao contar cunha persoa intérprete de lingua de signos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.