Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 10 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
OIA

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o luns 13 de setembro

[Img #71190]A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o luns 13 de setembro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

 

Os requisitos xerais para doar sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Para doar sangue cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse no centro, é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

 

Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)  ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico doadoressangue.ados@sergas.gal e a web https://ados.sergas.gal

 

Acto solidario

A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.

 

En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.