Lunes, 16 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 15 de Marzo de 2026 a las 22:29:10 horas

Xornal21.es
Jueves, 09 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos adxudica a mellora da urbanización San Eleuterio en Tameiga

En dous meses renovaránse as beirarrúas e pavimentos das vías de circulación así como acondicionarase unha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano

Esta realizarase a través dunha axuda  da  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

 

 O prazo de execución é de 2 meses. E o orzamento total da obra ascende a 90.000,00 euros. 


Esta liña de subvencións ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación. A axuda concedida para a mellora da Urbanización de San Eleuterio equivale ao 70% do custo total da actuación.


As obras da Mellora Interior da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, teñen por finalidade a renovar fundamentalmente  de beirarrúas e pavimentos das vías de circulación e o acondicionamento dunha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano acorde co uso que se pretende. e van a consistir na demolición dos pavimentos asfálticos en mal estado, de pavimentación de vías de circulación e sinalización horizontal e vertical e pavimentación do novo espazo de recreo e execución de muros de cachotería e plantación de especies arbóreas e instalación de mobiliario urbano.


 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.