GONDOMAR
O concello investirá 63.500 euros na mellora das instalacións deportivas de Borreiros
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Borreiros, acordaron asinar un convenio que recolle o compromiso do goberno local de acometer esta actuación a cambio da cesión da parcela e as súas instalacións para uso municipal
O acordo, que se subscribirá nos próximos días, recolle a necesidade do goberno de contar con máis instalacións deportivas e recreativas para atender a alta demanda destas actividades por parte da poboación, razón pola que a Comunidade de Montes en Mancomún de Borreiros cederá unha parcela (de preto de 2000 metros cuadrados) cunha pista polideportiva e un inmoble -que actualmente úsase para almacenaxe- situadas no Lugar San Martiño, próxima aos núcleos rurais de Monteiro e Lousado.
Nela existen varias instalacións deportivas que serían acondicionadas e melloradas polo goberno local, cun investivemento de 63.500 euros. Ademais, a cesión contempla unha edificación que se “aproveitará para o seu acondicionamento como vestiarios deportivos vinculados ás instalacións existentes”, que na actualidade carecen deste servizo dificultando na práctica o uso normal das pistas de deporte.
O alcalde Paco Ferreira e o presidente da Comunidade, Latino Rodríguez, pecharon esta mañá os flocos pendentes e “poñemos así en marcha a nosa colaboración coa parroquia de Borreiros para sacar o maior proveito por e para todos os seus habitantes, así como para o noso municipio”, manifestou o rexedor que lembrou “aos poucos pero sen pausa seguimos traballando por e para Gondomar, para todas e cada unha das súas parroquias”.
Neste caso sinalou a importancia de apostar unha vez máis polo deporte e o seu achegamento ás novas xeracións e á poboación en xeral “como unha forma de gozar o tempo libre, pero sobre todo como filosofía de fomentar os hábitos saudables entre a nosa poboación”.
Ademais da construción dos vestiarios e a mellora das infraestruturas deportivas e de recreo da contorna do edificio, o concello asume durante a vixencia do convenio - 4 anos prorroglables por outros tantos- os gastos de conservación ordinarios do citado espazo.
Pola súa banda a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Borreiros cede o uso gratuito das instalacións “sen prexuízo de utilizar e gozar do terreo”. Tanto o presidente dos comuneiros como o rexedor de Gondomar coincidiron á hora de afirmar “que é un acordo co que gaña a parroquia, gaña todo o municipio” e apostaron por manter a liña de colaboración aberta en próximas actuacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87