O PORRIÑO
Rueda: “O Partido Popular ofrece estabilidade e certezas alí onde Goberna”
Nunha reunión con compromisarios da comarca para o congreso provincial do 18 de setembro
O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo onte pola noite no Porriño unha xuntanza con compromisarios deste concello xunto cos de Mos, Redondela, Salceda, Pazos e Soutomaior que van participar no congreso provincial do 18 de setembro. Rueda destacou que o reto máis inmediato é prepararse e reforzarse para as eleccións municipais de 2023, nas que o PP non renuncia a ningunha alcaldía. “Manteremos as que temos e aspiramos a gobernar no resto”, apuntou.
Para isto, incidiu en que a unidade do partido nos concellos é clave para recuperar e manter os Gobernos locais, xa que o PP se presenta só ás eleccións. “A isto só se lle pode dar a volta gañando con amplas maiorías. O PP xa gaña eleccións, pero necesitamos maiorías que permitan gobernar e evitar que fagan alianzas de partidos contra o PP”.
Para o candidato, “o Partido Popular é sempre a opción seria, a opción de traballo, a opción responsable que ofrece solucións. O PP ofrece estabilidade e certezas alí onde Goberna, en contraposición a quen goberna a golpe de titulares e de propaganda e se esquece da xestión”.
Incide en que a unidade do partido nos concellos é clave para recuperar e manter os Gobernos locais
Ademais, engadiu que gañando nos concellos “conseguiremos que a Deputación volva á súa esencia, que é dar resposta e apoio aos pequenos e medianos concellos desta provincia, estar ao lado dos colectivos e dos veciños”.
Durante o encontro, aproveitou tamén para facer balance dos que foron os dous piares de traballo durante os últimos cinco anos: a unidade e a renovación do PP provincial. Así, recordou que nun mandato marcado polas numerosas citas electorais e pola pandemia sanitaria, se celebraron 22 congresos na provincia, incluídas as tres cidades. Pero, ademais, o PP de Pontevedra, que ten o maior número de afiliados de todas as provincias galegas con 30.000 persoas, sumou nos últimos cinco anos preto de 1.500 novas persoas, “unha cifra moi meritoria porque, ademais, na súa maioría son xente moza”.
Por último, o candidato ofreceu experiencia, traballo e unidade para seguir liderando o partido, pero tamén “a mesma ilusión que o primeiro día para traballar pola provincia e polo partido. É fundamental para estar ao carón das 61 agrupacións locais e dos seus afiliados”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22