Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 10 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda repartirá 30.000 euros entre as comunidades de augas

O Concello de Salceda de Caselas ven de publicar no boletín oficial da provincia as bases  das subvencións dirixidas ás comunidades de persoas usuarias de augas para o ano 2021, co obxectivo de que melloren as súas instalacións.


Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas asociacións de persoas usuarias de augas legalmente constituídas, mediante un proceso de concorrencia competitiva. O obxecto da convocatoria é subvencionar obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos asociados a melloras en diversas áreas de actuación, como a captación de fontes e pozos, o mantemento e conservación dos sistemas de almacenamento e a potabilización, reparacións na rede de distribución ou o mantemento e conservación de instalacións.


As entidades beneficiarias poderán recibir como máximo o 70% do orzamento presentado e ata un máximo de 5.000 euros por Comunidade de augas.


A publicación fíxose o 7 de setembro e o prazo de presentación de solicitudes son 15 días dende o día seguinte da publicación.  A convocatoria completa pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións, no enlace https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/581906.


Rubén González Coto, concelleiro de medio rural e medio ambiente: “con estas axudas para este ano 2021 queremos axudar as nosas traídas a mellorar os seus servicios e a calidade das mesmas".


Verónica Tourón, alcaldesa: “Salceda conta por primeira con 30.000 euros no seu orzamento para subvencións a traídas de augas parroquiais. Unha axuda que revertirá nun mellor servizo á veciñanza do noso rural".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.