• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Viernes, 11 de Septiembre de 2026

Actualizada Jueves, 10 de Septiembre de 2026 a las 22:28:57 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos y el Celta sellan el convenio para ampliar el vial a Cela

      Mos y el Celta sellan el convenio para ampliar el vial a Cela

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • La Deputación destina 50.000 euros al Pío de Fial en Mondariz Balneario

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tui bate récords turísticos en agosto con un 28% más de visitantes

      Tui bate récords turísticos en agosto con un 28% más de visitantes

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona pone fin a las filtraciones del gimnasio del CEP Sabarís

      Baiona pone fin a las filtraciones del gimnasio del CEP Sabarís

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El Fondo Galego y la UCCLA firman un protocolo de cooperación en Lisboa

      El Fondo Galego y la UCCLA firman un protocolo de cooperación en Lisboa

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Sábado, 11 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
VIGO

A Xunta autoriza as expropiacións para a mellora da seguridade na estrada PO-330

A actuación suporá un investimento autonómico de 1,85 M € para intervir en 7 km da vía autonómica, co obxectivo de eliminar un treito de concentración de accidentes

O Consello da Xunta deu  o visto e prace ao decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada PO-330 en Valadares e Pereiró, no concello de Vigo.

 

O investimento que o Goberno galego destinará a esta actuación é de preto de 1,85 millóns de euros, nos cales se inclúe o pagamento dos 36 predios necesarios para a súa execución.

 

Esta intervención ten como obxectivo desenvolver un conxunto de actuacións integrais, ao longo de case 7 quilómetros da vía autonómica na procura do reforzo da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade en Pereiró e Valadares, co obxectivo de eliminar un treito de concentración de accidentes.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocará o levantamento das actas previas no cuarto trimestre do ano, coa previsión de licitar e executar as obras no ano 2022. Os traballos contan cun prazo de execución de dez meses.


O proxecto deseñado polo departamento de Infraestruturas da Xunta de Galicia mellorará a seguridade viaria e a accesibilidade reordenando interseccións como a que dá acceso ao colexio Andersen, na cal se definirá un novo carril central de espera, ademais de reforzar a sinalización dos pasos de peóns.


Habilitaranse dúas novas rotondas en Valadares. A primeira delas, de 28 metros de diámetro, servirá para mellorar o acceso ao pavillón e á piscina municipal, habilitando desde a rotonda unha nova vía de acceso rodado á escola infantil Monte do Alba, unha actuación que atende a solicitude dos veciños.

 

A segunda rotonda, do mesmo diámetro, localizarase no Alto da Garrida, para mellorar a seguridade nun cruzamento de elevado tráfico de vehículos pesados, ao dar servizo aos dous polígonos industriais de Valadares e da Pasaxe, ademais dunha canteira e ao miradoiro do Monte de Alba. Trátase dunha intersección próxima á autoestrada autonómica AG-57.

 

 

 

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocará no cuarto trimestre do ano o levantamento das actas previas, co obxectivo de licitar e executar as obras en 2022

 

 

 

 

Xunto con isto, urbanizaranse tamén os primeiros 450 metros da estrada, na contorna de Pereiró, entre a rotonda que está fronte ao cemiterio e que serve de enlace coa vía da Universidade.

 

Coidarase especialmente a disposición de prazas de aparcadoiro nesa zona, habilitando 36 prazas, 10 máis das actuais. Aí reordenarase tamén a intersección coa rúa Canteiros, mediante illotes físicos e sinalización horizontal; e nos accesos aos garaxes disporase firme de lastros.

 

O proxecto da Xunta inclúe a mellora doutras interseccións nas Carneiras, Carregal e O Portal, ben con sinalización horizontal ben con novos elementos físicos coma illotes.

 

Na contorna do Colexio Barreiro reforzarase a seguridade achegando o paso de peóns á entrada do centro e adoptando as medidas necesarias para calmar o tráfico.

 

Ademais, mellorarase o acceso ao CEIP Igrexa Valadares, acondicionando o camiño natural, actuando sobre os raios de xiro de entrada e saída que empregan os autobuses escolares para incorporarse á estrada PO-330, o que tamén dá resposta a unha demanda dos veciños.

 

Finalmente, repararanse as beirarrúas nos treitos en que sexa preciso e acometeranse melloras de sinalización e iluminación nos pasos de peóns.

 

Esta actuación dá continuidade ao traballo de mellora das estradas autonómicas en Vigo que vén desenvolvendo a Xunta, con obras como a humanización das avenidas de Castrelos e da Florida; a construción de sendas; ou a mellora da seguridade viaria na estrada vella de Baiona, a PO-552. Esta actuación terá, ademais, continuidade en Teis, coa mellora da avenida de Galicia.

 

Noticia anterior:
Feijóo afirma que Navalia 2022 será o gran evento para o naval na etapa postpandemia, que constatará o presente e o futuro do sector galego
Noticia siguiente:
Corina Porro y Teresa Egerique presentan las medidas europeas que beneficiarán a Vigo
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.67

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El MITECO y el IEO destinan 26 millones a vigilar la salud de los mares españoles

El MITECO y el IEO destinan 26 millones a vigilar la salud de los mares españoles

Robos, hackeos y bajas sin aviso: los imprevistos que acechan a los autónomos en septiembre

Robos, hackeos y bajas sin aviso: los imprevistos que acechan a los autónomos en septiembre

La nueva ley judicial dispara el riesgo de reclamaciones a abogados

La nueva ley judicial dispara el riesgo de reclamaciones a abogados

Seguro para perros: obligación legal aún en el aire

Seguro para perros: obligación legal aún en el aire

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil investiga vertidos en reparaciones de un catamarán en Bueu

La Guardia Civil investiga vertidos en reparaciones de un catamarán en Bueu

Cuatro detenidos en Mos por robar 500 litros de gasoil de camiones

Cuatro detenidos en Mos por robar 500 litros de gasoil de camiones

La Guardia Civil alerta del repunte de estafas con cargos no autorizados en tarjetas bancarias

La Guardia Civil alerta del repunte de estafas con cargos no autorizados en tarjetas bancarias

La Guardia Civil y Gardacostas intervienen 2.500 kilos de sardina en Aldán

La Guardia Civil y Gardacostas intervienen 2.500 kilos de sardina en Aldán

Agenda

Septiembre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Galicia

Peregrinos con ELA completan el Camino de Santiago

Peregrinos con ELA completan el Camino de Santiago

La Xunta extiende la prealerta por sequía a Ferrol y Zamáns y mantiene la alerta en Lérez, Anllóns y Baiona

La Xunta extiende la prealerta por sequía a Ferrol y Zamáns y mantiene la alerta en Lérez, Anllóns y Baiona

Provincia

Éxito del proyecto europeo que ayuda a pequeños concellos a acceder a fondos

Éxito del proyecto europeo que ayuda a pequeños concellos a acceder a fondos

Pontevedra reúne a expertos en la técnica del dorado

Pontevedra reúne a expertos en la técnica del dorado

Deportes

La Xunta apoya el torneo internacional júnior U14 de Pontevedra

La Xunta apoya el torneo internacional júnior U14 de Pontevedra

Abiertas las inscripciones de la 4ª Carrera 2 Léguas Eurocidade

Abiertas las inscripciones de la 4ª Carrera 2 Léguas Eurocidade

Samil se prepara para el gran desafío de obstáculos

Samil se prepara para el gran desafío de obstáculos

Motor

Multa por radar: la DGT aplica un margen de hasta el 7% antes de sancionar

Multa por radar: la DGT aplica un margen de hasta el 7% antes de sancionar

Salud

El 'scroll' infinito también engancha a los jubilados

El 'scroll' infinito también engancha a los jubilados

Un estudio del IDIS en 'Radiology' mejora el diagnóstico de tumores

Un estudio del IDIS en 'Radiology' mejora el diagnóstico de tumores

El programa de vacunación escolar contra la gripe se amplía a 75 colegios y 26.000 niños

El programa de vacunación escolar contra la gripe se amplía a 75 colegios y 26.000 niños

Turismo

Norwegian Aura estrena la suite termal más amplia del sector y su primer restaurante de cocina india

Norwegian Aura estrena la suite termal más amplia del sector y su primer restaurante de cocina india

Hogar

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Feijóo afirma que Navalia 2022 será o gran evento para o naval na etapa postpandemia, que constatará o presente e o futuro do sector galego

Corina Porro y Teresa Egerique presentan las medidas europeas que beneficiarán a Vigo

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder