Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Lunes, 13 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

‘Mulleres Tudenses’, un libro para visibilizar ás mulleres da área de Tui

Este proxecto de visibilización de referentes femininas a nivel local conta co apoio de Femupo

Desde a Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) queren dar visibilidade e apoio ao proxecto ‘Mulleres Tudenses’ impulsado pola Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (Amei Tui), membro desta federación.

 

Esta ambiciosa iniciativa busca visibilizar o traballo e a aportación á súa contorna de diferentes mulleres tudenses co obxectivo de que as novas xeracións coñezan casos reais e próximos que lles sirvan como referente.

 

“Está moi ben falar de mulleres referentes a nivel mundial pero cremos que é importante dar a coñecer á rapazada de Tui a esas mulleres que viven preto, que poden atopar pola rúa e que son deportistas, empresarias, mestras, científicas”, explica a presidenta de Amei Tui, Anabel Solla.

 

A fórmula elixida para achegar as vidas destas mulleres tudenses contemporáneas ás novas xeracións é a través dun libro composto por entrevistas a cada unha delas. A listaxe de mulleres que conformarán o libro segue a ampliarse. Entre as entrevistadas atópanse mulleres de todas as parroquias de Tui, mulleres próximas con moito que contar.

 

“Neste punto estamos á procura de financiamento para poder sacar adiante este proxecto”, conta Solla, “falamos con diversas entidades e coa Administración, estamos buscando subvencións e o apoio doutros axentes sociais que queiran colaborar”.

 

Femupo súmase ao apoio a este proxecto que pon o foco sobre o esforzo, os logros e conquistas de mulleres que non reciben grandes recoñecementos nin saen nos medios de comunicación pero que son, por méritos propios, referentes próximos para as nenas e nenos da súa bisbarra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.