Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta constituirá unha entidade de xestión para o mantemento da Plisan

Os tres promotores da actuación (Xunta, Porto de Vigo e Zona Franca) mantiveron unha xuntanza cos alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves para acordar a forma de cesión e mantemento de ditos sistemas xerais

A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, promotores da plataforma loxística-industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), constituirán unha entidade de xestión dos sistemas xerais da Plisan coa participación activa dos concellos de Salvaterra do Miño e As Neves.

 

Con tal fin, mantiveron esta semana unha xuntanza na que explicaron aos responsables de ambos concellos a forma de colaboración prevista e lles fixeron entrega da proposta de acordo para o seu estudo e aprobación por parte dos concellos. Os participantes fixaron manter unha nova reunión ao respecto o vindeiro día 23 de setembro.

 

A proposta de acordo prevé que, unha vez rematadas as obras de urbanización das fases 1 e 2 da Plisan, cederanse aos concellos os viarios, zonas verdes e espazos libres executados ata o momento; mentres que os equipamentos, como a EDAR (estación depuradora de augas residuais) e ETAP (estación de tratamento de auga potable) seguirán sendo xestionadas temporalmente polos promotores da actuación.

 

 

 

 

Acordan que mentres non se constitúa a entidade de xestión, o mantemento continuarán correspondendo aos promotores

 

 

 

 

Dada a falta de recursos dos concellos para garantir a conservación e mantemento de ditas infraestruturas, os promotores constituirán a devandita entidade de xestión dos sistemas xerais, que se encargará do mantemento das mesmas. En todo caso, mentres non se constitúe dita entidade, o mantemento continuará sendo asumido polos promotores da actuación.

 

Ampliación do ámbito
Por outra parte, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, explicou a inclusión da Plisan na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, que se atopa en tramitación, coa que se volven a incluír máis dun millón de metros cadrados ao ámbito da plataforma loxístico industrial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.