CULTURA
O clúster promoveu un encontro do Audiovisual Galego con Portugal
Co obxectivo de promover a creación dos contidos dixitais en Galicia e de fomentar a internacionalización deste sector, o Clúster Audiovisual Galego organizou este mes de setembro unha misión comercial inversa que favoreceu o encontro entre produtoras galegas e empresas de Portugal, no marco da oitava edición do festival Carballo Interplay, que se desenvolveu entre os pasados días 8 e 11 nesta localidade coruñesa.
A iniciativa do Clúster serviu para poñer en contacto compañías do audiovisual galego coa delegación empresarial portuguesa, compartir experiencias e encontrar puntos de encontro empresariais que desemboquen en posibles novos proxectos.
Entre as produtoras, canles e creadores de contidos dixitais que formaron parte da delegación portuguesa estaban RTP (televisión pública de Portugal), Canal 180, Promenade Films, Ankylosaur, MT 360 Lda., Galo Bravo, PiXBee ou TODOS Creative & Production Force.
No marco desta misión comercial, o Clúster organizou reunións entre empresas galegas e portuguesas co apoio financeiro do Igape, Xunta de Galicia e UE a través do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que inclúe a realización de misións comerciais inversas.
Con estes encontros deuse a coñecer ao exterior todo o potencial das empresas galegas e establecéronse posibles fórmulas de cooperación en novos formatos entre ambos territorios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184