Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Transplantada unha camelia xapónica de 35 anos aos Xardíns de Troncoso

Foi doada pola familia Ramos-Vieiro á ATUCA, que supervisou o replante xunto coa SEC

Nos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez, foi transplantada estes días unha camelia xapónica, Leonardo da Vinci, que foi cedida pola familia Ramos-Vieiro á Asociación Amigos Tudenses da Camelia, ATUCA.


Este exemplar, duns 35 anos, foi trasladado dende Santiago até Tui e o transplante aos Xardíns de Troncoso foi realizado o pasado xoves baixo a dirección de ATUCA e da Sociedade Española da Camelia, SEC, coa colaboración do Concello de Tui.


Esta actuación forma parte dos primeiros pasos que se están a dar dende Tui para incorporar ao municipio á Ruta da Camelia. Precisamente a plantación de camelias de variedades galegas e portuguesas recóllese no anteproxecto para a recuperación da Alameda de San Domingos realizado pola arquitecta María Fandiño.  Este proxecto será remitido á comisión do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, PEPCHA, xa que tras a solicitude de informe previo a Camiño de Santiago, foi devolvo sen informar alegando que ao estar aprobado o PEPCHA debe ser levado xa a esta comisión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.