DEPORTES
Marc Brustenga celebra o seu salto a profesionais vencendo no prólogo da Volta Galicia en Ponteareas
O ciclista catalán Caja Rural-Seguros RGA conseguiu a primeira camisola de líder tras asinar a mellor actuación na contra o reloxo que abriu a competición, superando cun tempo de 7 minutos e 36 segundos a Noel Martín (Vigo-Rías Baixas) e a Yago Segovia ( EOLO Kometa sub-23)
A localidade pontevedresa de Ponteareas acolleu a proba contra o crono inicial da Volta a Galicia. Foron 6 quilómetros con varias subidas curtas nos que deron as súas primeiras pedaladas os corredores que disputarán ata o domingo a carreira.
O protocolario corte de cinta que abriu a competición contou coa presenza de Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas, xunto a Miguel Bouzó, concelleiro de deportes e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego. Ademais, rendeuse unha sentida homenaxe a Guillermo Sande con entrega de varios ramos de flores e recordos por parte da Federación Ciclismo Galego e Garda Civil de Tráfico ás súas irmás Nuria e María del Mar. Ás 18 h, Sergio Álvarez do equipo Oiense Turonia Maglia tivo a honra de abrir a Volta a Galicia, nesta edición especial homenaxe a Guillermo Sande.
Os primeiros tempos a destacar na chegada asináronos Eduardo Pérez Landaluce con 8 minutos e 2 segundos, ou Eric Fagúndez (Cortizo), con 7 minutos e 56 segundos. Non se alcanzara o ecuador da proba cando Marc Brustenga marcou un tempo de 7 minutos e 36 segundos, que sería o mellor da xronada. Achegáronse a esa marca varios ciclistas do EOLO Kometa como Yago Segovia ou Fernando Tercero, pero Brustenga puido manter o seu liderado ata o final.
No podio, Marc Brustenga levou case todos os premios e camisolas de líder: a xeral, a regularidade, o primeiro sub-23... O mellor equipo foi o EOLO Kometa e o primeiro galego Rubén Fernández (Team Aluminios ALCA Cycling Galicia). Entregaron os diferentes galardóns de novo Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas, xunto a Miguel Bouzó, concelleiro de deportes da localidade e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.
O gañador da etapa Marc Brustenga sinalou que “estou moi contento co triunfo de hoxe. Levaba arrastrando unhas semanas en que as cousas non saían como quería pero este triunfo dáme a forza para afrontar as tres etapas que quedan. A clave da contra o reloxo era non ir a lume de biqueira desde o principio, gardar para chegar forte á parte final e por suposto, limar moito nas curvas. Dixéronme que é unha Volta a Galicia moi dura, imos tratar de manter o liderado e espero que se non son eu, sexa outro compañeiro o que poida levar a vitoria".
Mañá venres a localidade de Ponteareas acolle a segunda etapa e primeira xornada en liña da carreira. Serán 143 quilómetros que inclúen métalas volantes do Porriño e Ponteareas (primeiro paso por meta), as ascensións á Cañiza e A Franqueira (3ª categoría) na segunda metade de etapa e un dobre circuíto final de 16 quilómetros, con senllos pasos por meta e ascensións a Vilasobroso (2'2km ao 7'5%), o último deles a menos de 7 quilómetros da chegada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163