VIGO
Preto de 300 expertos en alumeado participan no simposio nacional que se celebra en Vigo
Dende o 29 de setembro ao 1 de outubro
O alcalde destaca a importancia deste sector “na loita contra o cambio climático e a eficacia enerxética”. O Auditorio Mar de Vigo acollerá este congreso entre o 29 de setembro e o 1 de outubro
Preto de 300 expertos do sector do alumeado celebrarán do 29 de setembro ao 1 de outubro no Auditorio Mar de Vigo o XLVII Simposio Nacional de Iluminación. Caballero agradeceu ao comité organizador a elección de Vigo e destacou a “enorme importancia destes profesionais na loita contra o cambio climático e a eficacia enerxética”.
O simposio contará con 88 relatorios, mesas redondas e conferencias maxistrais. “O noso obxectivo principal será facer un repaso de toda a lexislación para ver como afectan cuestións como o cambio climático, os prezos da enerxía e a evolución tecnolóxica”, indicou Fernando Ibáñez, presidente do Comité de Iluminación, durante a presentación do evento.
Os organizadores manifestaron ademais o seu desexo de coñecer Vigo e gozar da súa gastronomía, para o que participarán nun completo roteiro gastronómico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85