Galicia
Santiago será sede en novembro do III Congreso Estatal de Mulleres no Sector Público
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, e a presidenta da Asociación de Mulleres no Sector Público, Concepción Campos, asinaron esta semana un convenio para desenvolver accións de concienciación a favor dun cambio de valores e de prevención da violencia de xénero na administración pública
A capital galega acollerá os próximos días 18 e 19 de novembro a terceira edición do congreso Mulleres no Sector Público, un espazo de encontro e intercambio no que participarán mulleres referentes na sociedade para fomentar o liderado feminino e avaliar novos modelos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, e a presidenta da Asociación de Mulleres no Sector Público, Concepción Campos, asinaron esta semana en Santiago de Compostela un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de concienciación a favor dun cambio de valores, da promoción de novos modelos para a igualdade entre mulleres e homes e da sensibilización e prevención da violencia de xénero na administración autonómica. Entre as actividades a levar a cabo atópase a celebración do congreso estatal no que se reflexionará, entre outros, sobre o papel das mulleres nas administracións públicas e a xeración de sinerxías que fomenten o liderado feminino, ao tempo que se avaliarán novas formas de organización do teletraballo.
Entre as relatoras destacarán a directora de Nanooncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, María de la Fuente Freire; a decana do Colexio de Avogados de Barcelona, Eugenia Gay Rosell; e a presidenta da Sala do Contencioso Administrativo e maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), María Dolores Rivera Frade.
En palabras de Lorenzana, trátase de “mulleres expertas e referentes no ámbito galego e estatal que nos axudarán a adoptar medidas e liñas de acción positivas para acadar a igualdade real e efectiva, tamén no sector público”, apuntou.
A celebración deste congreso, que se financiará por parte da Xunta no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, forma parte das accións do Goberno galego para promover a igualdade entre homes e mulleres e erradicar a violencia de xénero. De feito, a conselleira lembrou que a igualdade é unha das prioridades da Xunta de Galicia e un dos eixos que rexe “todas as nosas políticas autonómicas de forma transversal”. Segundo apuntou Lorenzana, é preciso impulsar recursos para pechar a fenda de xénero vertical e traballar contra o teito de cristal “loitando contra as desigualdades e violencias por razón de xénero que aínda persisten na contorna laboral”.
Para rematar, Lorenzana agradeceu o interese e labor da Asociación de Mulleres no Sector Público de Galicia e apuntou a necesidade de seguir colaborando para “contribuír a instaurar un modelo de liderado diferente, centrado na integridade persoal e profesional e implicado na erradicación de calquera tipo de violencia exercida contra a muller”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217