DEPORTES
O CN Ponteareas no Campionato galego de augas abertas
O encoiro de Castrelo de Miño en Ourense acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express.
Dende as 10h as diferentes categorías, de xeito escalonado, foron tomando as saídas.
Entre os resultados máis salientables para o club do condado temos que destacar a Iria Lemos, campioa galega infantil, Pablo Cabana, campión galego Júnior-1, Andrea Domínguez, campioa galega Júnior-2, todos eles completando un circuito de 5000 metros, e Naroa Estévez, bronce alevín, tras cubrir o seu percorrido de 1250 metros.
![[Img #71401]](https://xornal21.com/upload/images/09_2021/1578_img-20210918-wa0047.jpg)
Na categoría Máster os nadadores e nadadoras do CNPonteareas acadaron tamén numerosos podios nas diferentes franxas de idade, logo de nadar 2500 metros.
Por último, nas clasificacions por equipos, a nivel absoluto acadaron o 1er posto feminino e conxunto mentres que na categoría Máster acadaron a primeira posición masculina, feminina e conxunta.
Con estes magníficos resultados, damos por pechada a tempada de augas abertas. Os equipos continúan cos adestramentos de pretempada coa mirada posta no comezo da competición 21-22 en piscina, esperando que non se produzan sobresaltos por mor da covid.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163