Martes, 17 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 16 de Marzo de 2026 a las 19:11:14 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos oferta acción formativas en colaboración coa Fundación Cibvervoluntarios

Dúas delas, de nivel intermedio e avanzado, a través do programa Extraordinarias, programa dirixido exclusivamente a mulleres. E outra: Big Data- a través do programa IniciatiC 2021, dirixida a calquera persoa interesada.

Trátase dun programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.


Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.

 

Poden inscribirse calquera muller interesada en formarse en Marketing Dixital (nivel intermedio e avanzado).
A formación é on line, e ten unha duración de 1 horas e media repartidas en dúas sesións.

 

Taller: Extraordinarias nivel intermedio. Mulleres de Mos.
Data: 28 de septiembre
Hora: 18:30-20:00
A formación realizase a través de Zoom.


O contido dos talleres será competencias de márketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.

 

PROGRAMA INICIATIC 2021


TALLER DE MARKETING DIXITAL ON LINE GRATUITO no Concello de Mos – BIG DATA
IniciaTIC é un programa de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social.


Ten como obxectivos: paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, pemes e axentes da economía social que se puxo en especial evidencia a raíz do COVID19
O programa trata de apoiar e impulsar a dixitalización de devanditos axentes para mellorar a súa competitividade
Tamén pretende facilitar a adaptación da actividade económica a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados polo COVID19.

 

Taller: IniciaTIC Big Data
Data: 30 de septiembre
Hora: 19:00-20:30

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.