Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 08:36:57 horas

Xornal21.es
Martes, 21 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación colabora con AFAGApara o seu proxecto “Alzhéimer 360º”

“Afaga 360º” acompaña á contorna familiar e de convivencia ao longo de todas as fases das enfermidades de calquera tipo de demencia neurodexenerativa, incluso no proceso de do tralo falecemento, polo que a atención pode prolongarse ata os 10 0u 12 anos

O deputado Carlos Font e a deputada Ana Laura Iglesias, veñen de visitar  as instalacións de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia), coa que a institución colabora cunha achega de 20.000 € para a posta en marcha do seu proxecto “Alzhéimer 360º”. A través desta iniciativa subvencionada pola Deputación estanse a beneficiar de xeito directo e indirecto máis de 3.000 persoas de 24 concellos do sur da provincia. As súas actividades presenciais desenvólvense nas instalacións de Afaga Alzhéimer de Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Nigrán, O Porriño, Mos, Baiona e Vigo.

 

O proxecto “Alzhéimer 360º” está pensado para dar soporte profesional e especializado aos coidadores/as principais e familiares das persoas afectadas por algún tipo de demencia neurodexenerativa, dotándoos de ferramentas coas que afrontar o proceso evolutivo da enfermidade. Así, entre os seus obxectivos salientan o asesoramento e soporte emocional; a resposta a demandas de información e produtos que alivien, eviten ou retrasen situacións de total dependencia; o fomento da corresponsabilidade de xénero; apoio psicolóxico e actividades formativas. “Alzhéimer 360º” acompaña á contorna familiar e de convivencia ao longo de todas as fases da enfermidade, incluso no proceso de do tralo falecemento, polo que a atención pode prolongarse ata os 10 0u 12 anos. Amais, o proxecto terá un efecto especialmente positivo ao diminuír os niveis de sobrecarga acadados nos últimos meses coa actual crise sanitaria.

 

A súa metodoloxía partiu dunha fase inicial de detección por parte do servizo de acollida e atención social das necesidades que adoecían os e as coidadoras e familiares co gallo de redirixilos aos servizos e programas máis axeitados: acollida e atención social, atención psicolóxica, asesoramento técnico e produtos de apoio, asesoramento legal especializado e formación. “Alzhéimer 360º” destaca pola monitoraxe en tempo real da interacción entre profesionais e usuarios e polo emprego das redes sociais para a súa comunicación; e todas as súas actuacións serán cuantificadas e avaliadas seguindo o plan de calidade e auditoría interna e externa establecido pola entidade.

 

AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia, constituíuse en 1994 trala mobilización espontánea de familiares de doentes de alzhéimer á raíz da desorientación e falta de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade. Na actualidade, esta asociación sen ánimo de lucro integra a máis de 770 socias e socios e 55 profesionais, situándose como o principal expoñente na defensa e atención social das persoas que padecen alzhéimer e da súa contorna familiar; e constituíndo a primeira asociación de familiares doentes de alzhéimer (AFA).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.