Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Lunes, 20 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aprobará antes de que remate o ano o II Plan de Igualdade

Nestes momentos está a piques de finalizar a avaliación dos “moitos aspectos conseguidos” dende que se puxo en marcha o I Plan de Igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou hoxe que antes de que remate este ano a institución aprobará o II Plan de Igualdade e que “moi pronto” dará a coñecer os resultados da avaliación de todos os obxectivos conseguidos dende que se puxo en marcha o primeiro. Deste xeito a Xunta de Goberno vén xa de aprobar a adxudicación do servizo de asistencia técnica que se encargará da negociación, redacción, deseño, aprobación, análise cuantitativo e cualitativo anual e avaliación final do II Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra,  que terá unha vixencia de catro anos.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Fomos a primeira administración pública en elaborar no 2017 un Plan de Igualdade en base a unha auditoría laboral de xénero e cunha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero”

 

 

 

 

Carmela Silva recordou que o I Plan de Igualdade da Deputación foi aprobado por unanimidade no ano 2017 e que, nestes momentos, está a piques de rematar o proceso de avaliación dos “moitos aspectos conseguidos” ao longo destes anos. Ao respecto, a presidenta destacou que “fomos a primeira administración pública en elaborar un Plan de Igualdade en base a unha auditoría laboral de xénero e cunha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero”.

 

O I Plan de Igualdade da Deputación recollía os termos establecidos en todas as recomendacións internacionais, a lexislación estatal e galega, e mesmo ampliaba o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do Convenio de Istambul. Tamén foi integrado na cultura da organización, coa finalidade de acadar a igualdade real entre mulleres e homes no traballo. A partir de agora, coa posta en marcha do contrato do II Plan de Igualdade, ábrese un proceso que inclúe dende a negociación, redacción e aprobación do plan ata proceso de execución, formación e avaliación anual e final.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.