Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 24 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación adxudica a mellora da mobilidade peonil na EP-4006 en Leirado

A contorna do centro escolar será un lugar máis seguro grazas a un investimento de 186.000 euros financiado nun 80% pola institución provincial

Salvaterra xa ten adxudicada a mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo concello de Salvaterra. Así o anunciou a presidenta provincial, Carmela Silva, tras aprobación desta adxudicación na última sesión da Xunta de Goberno

 

As actuacións, enmarcadas no modelo de mobilidade sostible, segura e amable da Deputación de Pontevedra, servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado. Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.

 

Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.