PROVINCIA
Xorxios, unha viaxe con recendo a café
Todo comezou cunha viaxe, a de Mateo Martínez, o propietario de Xorxios, a Brasil, viaxe que cambiou a súa vida. A súa familia en América estaba ligada ao mundo do café e quedou atrapado nesa rede. A partir dese momento a aprendizaxe de Mateo para coñecer todo o que ten que ver cun produto imprescindible para boa parte da humanidade foi contínua e constante.
Mateo viaxou, formouse e explorou territorios e produtores ata converterse nun importador e comercializador de cafés exclusivos para clientes selectos e exixentes. E comprobou que o café da moito de si se un quere experimentar.
A ferramenta diaria de traballo en Xorxios é a cata, desta forma seleccionan só os perfís sensoriales que son garantía de calidade. Catas que, de forma limitada, tamén se ofrecen no seu obradoiro de A Guarda a aquelas persoas que queiran vivir unha experiencia con recendo a café.
Coñecer en profundidade a complexidade de matices que alberga cada café permítelles ofrecer un asesoramento profesional e personalizado e adaptado ás necesidades de cada cliente.
![[Img #71423]](https://xornal21.com/upload/images/09_2021/4026_xorxios15.jpg)
Xorxios e Mateo forman parte da campaña Parte de ti, unha campaña do Grupo de Desenvolvemento (Galicia Suroeste Eurural) que por segundo ano vai enfocada a sensibilizar, concienciar e informar baseándose nas historias das produtoras e produtores do rural. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador.
O Grupo de Desenvolvemento (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar máis os propios concellos e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122