ESPECIAL DIXITALIZACIÓN
Novas axudas do Cheque Dixital para pemes e autónomos galegos
Os fondos destinaranse a cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos , solucións de conectividade, teletraballo ou relativas á ciberseguridade.
Este programa da Xunta busca mellorar a súa competitividade a través de proxectos no eido da dixitalización
A Xunta ten aberta ata o 30 de setembro unha nova edición do Cheque Dixital, unha iniciativa que se repite tras a boa acollida do ano pasado con motivo da pandemia da covid-19 para axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade a través do fomento de distintos proxectos no eido da dixitalización.
Estes cheques teñen como obxectivo prioritario a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria. Unha transformación que debe chegar a todo o tecido empresarial -desde as grandes ás pequenas empresas- e a todo o territorio, especialmente ao ámbito rural.
Desta volta, a liña suma un orzamento de 4 millóns de euros, cubrindo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da covid-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.
Os apoios poden solicitarse ata o 30 de setembro
Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria.
Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80% do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do orzamento. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro.
Deste xeito, o Goberno galego dá un novo paso na súa aposta pola dixitalización do tecido empresarial, que se manifesta nos diferentes programas impulsados, como as axudas e talleres á dixitalización Industria 4.0 (7,4M€) ou o Galicia Exporta Dixital (6M€).
Neste sentido, e no marco do Pacto pola Dixitalización que está a promover o Goberno galego, o ano pasado mobilizáronse preto de 36 millóns de euros entre o tecido empresarial da Comunidade na procura de facer da transformación dixital unha parte moi importante da cultura empresarial galega.
Os fondos destinaranse a cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos , solucións de conectividade, teletraballo ou relativas á ciberseguridade.A Xunta ten aberta ata o 30 de setembro unha nova edición do Cheque Dixital, unha iniciativa que se repite tras a boa acollida do ano pasado con motivo da pandemia da covid-19 para axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade a través do fomento de distintos proxectos no eido da dixitalización.
Estes cheques teñen como obxectivo prioritario a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria. Unha transformación que debe chegar a todo o tecido empresarial -desde as grandes ás pequenas empresas- e a todo o territorio, especialmente ao ámbito rural.
Desta volta, a liña suma un orzamento de 4 millóns de euros, cubrindo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da covid-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.
Os apoios poden solicitarse ata o 30 de setembro
Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria.
Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80% do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do orzamento. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro.
Deste xeito, o Goberno galego dá un novo paso na súa aposta pola dixitalización do tecido empresarial, que se manifesta nos diferentes programas impulsados, como as axudas e talleres á dixitalización Industria 4.0 (7,4M€) ou o Galicia Exporta Dixital (6M€).
Neste sentido, e no marco do Pacto pola Dixitalización que está a promover o Goberno galego, o ano pasado mobilizáronse preto de 36 millóns de euros entre o tecido empresarial da Comunidade na procura de facer da transformación dixital unha parte moi importante da cultura empresarial galega.
































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217