Vigo
Vigo dedicará unha “gran exposición” á obra de Laxeiro
O alcalde e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes reuníronse co obxectivo de organizar esta mostra que acollerá a cidade o vindeiro ano 2022.
Abel Caballero e Manuel Quintana Martelo abordaron no encontro a preparación dunha “gran exposición dedicada a Laxeiro, que foi un pintor excepcional e que debe ocupar o lugar que lle corresponde na arte de toda Europa”.
O rexedor apuntou que José Otero Abeledo “Laxeiro”, nado en Lalín pero afincado en Vigo, “revolucionou a arte da pintura en toda Galicia” e que cómpre amosar a súa obra nunha exposición de homenaxe.
Amais, Manuel Quintana Martelo trasladoulle ao alcalde a súa consideración de que “o MARCO lidera a arte contemporánea de Galicia” nestes momentos, por enriba doutros espazos da comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85