REDONDELA
Concello e a Asociación Érguete contunúan co seu plan para a prevención de adiccións
Durante o último curso a Asociación Érguete atendeu a máis de 300 menores e as súas familias no municipio
Redondela e a Asociación Érguete continúan traballando na prevención de adiccións nos e nas menores do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de Educación, Olga García, e a edil de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, reuníronse esta semana coa coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, e a responsable da Oficina Técnica de Prevención de Érguete, Laura Durán, para analizar resultados e planificar as accións a realizar durante este novo curso.
O plan preventivo de Redondela conta coa colaboración da Asociación Érguete dende fai varios anos, e conta coa financiación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Xa son moitos e moitas as menores e as familias que participaron en actividades coa entidade. Só no último curso máis de 300 menores e as súas familias. A alcaldesa destaca estas cifras como unha mostra do “bo traballo que se está a facer”, ao tempo que incide na “necesidade de seguir traballando no campo das adiccións para aportar ferramentas á veciñanza contra unha problemática tan grave”.
As formacións que se van impartir este ano nos centros educativos de Redondela xiran, entre outros, nas apostas deportivas e no xogo online. Os programas estarán destinados tanto ao alumnado como ó profesorado dos distintos centros educativos do Concello e seguirase traballando coas familias en diferentes charlas que se impartirán ao longo do curso.
A coordinadora da Asociación Érguete quere agradecer ao Concello de Redondela “a súa implicación coas nosas propostas”, e está convencida que este tipo de políticas preventivas son as máis axeitadas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170