GALICIA
Máis de 101.500 menores de 21 anos viaxan de balde coa tarxeta Xente Nova da Xunta
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, subliñou no Parlamento o incremento na expedición destes dispositivos nos últimos 4 meses, dun 10% no caso das áreas de transporte metropolitano e dun 90% no resto da Comunidade
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro salientou que un total de 101.512 menores de 21 anos viaxan xa de balde nos autobuses interurbanos da Xunta por toda Galicia coa tarxeta Xente Nova, incrementándose nun 25% a expedición deste dispositivo coa súa universalización o pasado 21 de maio a toda a Comunidade. Hai só catro meses as tarxetas emitidas eran unhas 80.000, remarcou.
Na súa intervención na Comisión 2ª do Parlamento, Ignacio Maestro concretou que nestes catro meses nas áreas de transporte metropolitano da Coruña, de Ferrol, de Santiago de Compostela, de Vigo e de Lugo, pasouse de algo menos de 64.000 tarxetas a unhas 72.000, o que supón un crecemento dun 10%. No resto de Galicia, a suba na expedición destas tarxetas acada o 90%, ao pasar de 15.000 dispositivos expedidos a 29.000.
Neste primeiro balance, Ignacio Maestro expuxo, ademais, as distintas cifras que avalan a boa acollida da tarxeta Xente Nova, que desde o 21 de maio permite que 22.000 novos mozos viaxen de balde no autobús Xunta con este dispositivo, multiplicándose así por oito o número de solicitudes con respecto aos primeiros 4 meses deste mesmo ano.
O director xeral de Mobilidade puxo como exemplo do incremento experimentado nas solicitudes de tarxeta Xente Nova as vilas de Vilagarcía de Arousa, que pasou de ter 173 usuarios a 505; Viveiro, de 54 a 191; Noia que pasou de 126 a 371; ou O Carballiño, onde se pasou de 53 a 139 usuarios da tarxeta Xente Nova.
Afirmou que a pesar das dificultades económicas derivadas da pandemia e das limitacións que incidiron de xeito particular na mobilidade este último ano e medio, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue a cumprir obxectivos, posibilitando á xente nova a súa mobilidade, para poder acceder a servizos esenciais, pero tamén á actividades de lecer ou sociais. Todo isto, subliñou, permitindo aforros ás familias, que oscilan entre os 700 e os 2.000 ao ano, para aqueles mozos que precisen desprazarse a diario.
Puxo de exemplo a familia dun rapaz de Ferrol que se despraza todos os días durante 9 meses a estudar á Coruña, que aforrará 1.350€ ao ano; ou o caso dun rapaz da Coruña que estuda en Santiago, que aforrará uns 1.900€.
Pon como exemplo do incremento vilas como Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Noia ou O Carballiño, onde se duplicou o número de mozos que dispoñen deste dispositivo
O director xeral de Mobilidade remarcou, ademais, que a extensión a toda Galicia da tarxeta Xente Nova suporá tamén un impacto excepcional este curso que acaba de comezar, ao chegar máis alá das cidades e as súas áreas.
Afondou tamén no desenvolvemento da gratuidade do transporte público da Xunta entre os máis novos ata universalizar o pasado mes de maio a Xente Nova en toda a Comunidade. O dispositivo foi impulsado no 2016 nas áreas de transporte metropolitano e, en sucesivas melloras, ampliouse no 2020 ata os menores de 21 anos, estendendo a gratuidade das viaxes nos autobuses interurbanos da Xunta a toda a provincia de Ourense e de 13 concellos da contorna de Pontevedra.
O director xeral de Mobilidade sinalou que nos 5 anos que leva funcionando a tarxeta Xente Nova, os titulares deste dispositivo realizaron máis de 8,7 millóns de viaxes gratuítas no transporte público da Xunta, aforráronlle ás familias máis de 8,8 M€.
Adiantou que neste 2021 a previsión coa que traballa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é rematar o ano cuns 2,5 millóns de viaxes bonificadas e máis de 2,75 M€ euros aforrados aos fogares galegos grazas ao investimento da Xunta.
Na súa comparecencia hoxe no Parlamento, Ignacio Maestro analizou tamén a evolución no uso da tarxeta Xente Nova nas áreas metropolitas, na que destaca a área da Coruña, que suma o 37% de todas as viaxes bonificadas pola Xunta. Nesta área, engadiu, ata o 2019, antes das restricións de mobilidade, o incremento do número de viaxes co dispositivo Xente Nova foi de case un 18% desde a súa posta en marcha.
Nas áreas de Santiago e Ferrol, a situación foi similar, con aumentos do 15,5% e 15,7% das viaxes gratuítas ata 2019; mentres, a área de Vigo pechou ese ano cun 8,9% máis. Ao respecto de Vigo, Ignacio Maestro sinalou como dato curioso que, sendo Vigo o municipio de Galicia con máis tarxetas Xente Nova, con 9.744 dispositivos, ese Concello rexeite formar parte da área de transporte metropolitano.
O director xeral de Mobilidade tamén realizou un análise da incidencia da tarxeta Xente Nova na contorna de Pontevedra e en toda a provincia de Ourense, tendo en conta que só levan activadas desde xuño do ano pasado. Ao respecto, indicou que comparando o mesmo período de 2020 e de 2021, que suman 7 meses, ata xullo, a zona de Pontevedra pasou xa de 104.000 a unhas 170.000 viaxes bonificadas; un 63% máis. Pola súa banda, Ourense practicamente duplicou a cifra rexistrada, de 33.000 a 63.000 viaxes.
O director xeral de Mobilidade sinalou que o acceso gratuíto da mocidade ao autobús coa extensión das vantaxes da tarxeta Xente Nova a toda Galicia supón unha conquista social que reflicte a aposta de futuro decidida do Goberno galego pola mocidade, as familias e unha mobilidade máis verde. Nesta liña, salientou, que Galicia sitúase decididamente así na transición cara á mobilidade sostible que propugna a Unión Europea.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217