Martes, 17 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 17 de Marzo de 2026 a las 10:03:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 24 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anuncia a andaina solidaria ‘En marcha por un futuro sen cancro’

Atópase aberta a inscrición na mesma por vía telefónica ou e-mail

Hoxe, venres 24 de setembro, coincidindo coas efemérides do DÍA MUNDIAL DA INVESTIGACIÓN CONTRA O CANCRO e o DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE TIROIDES, desde o Concello de Mos anúnciase a andaina prevista para o vindeiro 3 de outubro, organizada conxuntamente entre AECC Mos e a administración local mosense, baixo o lema ‘En marcha por un futuro sen cancro’.

 

Trátase da II Andaina Solidaria AECC que percorrerá a Senda Petelos-Tameiga, cunha lonxitude de 5 quilómetros. O nivel de iniciación desta andaina faina apta para todas as idades, e unha opción ideal para pasar unha mañá de domingo en familia.

 

[Img #71494]Requírese de inscrición previa para poder participar e as persoas interesadas poden inscribirse desde xa telefónicamente na Piscina Municipal, o Multiusos das Pozas, na sede de AECC Xunta Local de Mos, ou no enderezo de correo electrónico mos@aecc.es

 

O prezo de inscición é de 5 euros por persoa e inclúe entrega de dorsal, bolsa con avituallamento, e participación en sorteos. A salida da andaina producirase ás 10.00 horas da mañá do domingo 3 de outubro desde o Multiusos das Pozas.

 

Efemérides

Cada 24 de setembro, tal data como a de hoxe, conmemórase o Día Mundial de Investigación contra o Cancro, e do Cancro de Tiroides.

 

O Día Mundial de Investigación contra o Cancro é unha data que ten por obxectivo seguir impulsando os proxectos e investigacións que buscan axudar na loita contra o cancro, logrando mellor calidade de vida nos pacientes ou a cura definitiva de certos tipos de tumores. O propósito deste día é seguir incentivando á sociedade médica a que xeren novos descubrimentos que poidan axudar a frear ou eliminar os tumores do cancro nas persoas. Entender o porqué da súa orixe e buscar maneiras de evitalos. Cada ano durante esta data en España entrégase o premio "V de Vida" que busca dar financiamento e recoñecemento aos médicos oncólogos que descobren novas formas de alongar ou mellorar a vida dos pacientes con cancro. 

 

Por outra banda o Día Mundial do Cancro de Tiroides celébrase tamén o 24 de setembro de cada ano. O principal motivo desta data é dar a coñecer un pouco máis desta enfermidade, que representa unha das doenzas máis recorrentes nas mulleres e que require un diagnóstico oportuno para así evitar maiores complicacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.