Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 25 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
Tui

Tui acolle o II Congreso FEMUPO, centrado nos protocolos de atención a vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, interveu como relatora

“Escoitar, apoiar e acompañar”, esta foi a máxima que se repetiu ao longo do II Congreso FEMUPO, celebrado a mañá deste sábado no Parador de Tui. A xornada, organizada pola Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) baixo o título ‘Protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero’, contou coa participaron de diversas profesionais do eido da igualdade e unha trintena de asistentes, pertencentes ao tecido asociativo da federación e do Baixo Miño, así como axentes e veciños e veciñas do concello de Tui.

 

Este congreso, co que se conmemorou o segundo aniversario do nacemento de Femupo, tiña por obxectivo favorecer un maior coñecemento e comprensión dos protocolos, axudas, ferramentas e recursos dispoñibles para a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Trala inauguración da man de Raquel Touriño, presidencia de Femupo, quen lembrou o recente asasinato machista da coruñesa Mónica Marcos e subliñou a importancia dunha veciñanza vixiante ante esta problemática social, foi a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a encargada de abrir a quenda de intervencións. López presentou os recursos que desde a Administración poñen a disposición das mulleres vítimas de violencia machista e dos seus fillos e fillas. Insistiu na necesidade de desterrar calquera culpa arredor delas: “O único culpable é sempre o asasino”, e de contar cunha sociedade concienciada que non mire para outro lado ante estas situacións.

 

A continuación, a presidenta da Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller (ASOCIM), Montserrat González, explicou os protocolos de atención que seguen cada día nos CIM. González debullou os diferentes tipos de violencia que existen e como algúns deles, como o económico ou o que se dá a través da internet, non son todo o visibles que deberían. Así mesmo, incidiu na idoneidade dunha comunicación fluída cas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os centros de saúde para “poder crear un clima seguro para a muller”.

 

Nesta mesma liña, a letrada do Centro de Información á Muller de Mos, Ana Rodríguez, mostrou os pasos que compoñen os procedementos de denuncia e a relevancia de “respectar os tempos das usuarias” á hora de denunciar. A avogada recomendou que ante un caso de violencia de xénero, o primeiro que cómpre facer é derivar a esa muller a un servizo de atención especializado, como é o CIM, no que a poidan asesorala. Rodríguez lembrou como desde o Centro de Información á Muller de Mos mantiveron o teléfono activo durante as 24 horas do día nos momentos máis duros da pandemia para garantir, en todo momento, o acompañamento ás súas usuarias.

 

Finalmente, Anabel Solla, a presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (Amei Tui), puxo o broche de ouro ao II Congreso FEMUPO, convencida de que “os recursos salvan vidas” e que a loita contra a violencia de xénero non pode cinguirse a só un día ao ano. “Desde Amei Tui homes e mulleres traballamos xuntos os 365 días do ano para lograr a igualdade real e poñer fin a violencia machista”, engadiu.

 

As persoas que asistiron ao encontro foron agasalladas cun broche dunha camelia elaborado pola Asociación Avelaíña, dirixida ás persoas con enfermidade mental, ás súas familias e coidadores. Para Femupo a colaboración con este tipo de entidades cobra gran forza pois, en palabras da súa presidenta, Raquel Touriño, “sabemos que o tecido asociativo é moi importante e que é complicado avanzar, entre todos facemos sinerxía e botámonos unha man”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.