GALICIA
A Xunta inviste 14m€ nas agrupacións de voluntarios de Protección C
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos voluntarios da agrupación de Oitavén-Tea na base de Mondariz
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) Oitavén-Tea, que conta con 29 voluntarios dos que destacou o seu labor altruísta e desinteresado cada día para velar pola seguridade dos seus veciños como demostraron nos operativos levados a cabo durante a pandemia da covid-19, ademais de reforzar aos servizos de emerxencias tanto no traballo de prevención como en apoio nas intervencións.
Por iso, incidiu no compromiso da Xunta para dotar do material necesario a estas agrupacións para que poidan realizar o seu traballo con seguridade e mellorando a eficiencia do servizo. Así, nos últimos anos o Goberno galego leva investidos 14 millóns nas AVPC da comunidade, dos que 11 millóns se corresponden co reforzo do equipamento.
No caso da AVPC Oitavén-Tea, que conta con dúas sedes en Mondariz e A Lama, a Xunta investiu máis de 244.800 euros no seu equipamento e no dos servizos de emerxencias de ambos concellos. Entre o material cedido inclúese un traxe de velutina, unha pértega, un todocamiño tipo pick-up, un desfribilidador semiatuomático (DESA), un remolque de emerxencias, unha furgoneta ou un camión autobomba rural pesada.
A agrupación conta con outra base en A Lama onde este ano a Xunta puxo en marcha un Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede neste concello e que tamén da cobertura a Fornelos de Montes, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas
A Xunta xa publicou unha orde de axudas de 1 millón de euros para a cesión de novo equipamento ás agrupacións de Protección Civil da comunidade e destinará 340.000 euros os seus gastos de funcionamento, ademais de apoiar as actividades do Xacobeo 21-22 nas que participen para garantir a seguridade.
Santiago Villanueva lembrou que os 29 efectivos da AVPC Oitavén-Tea e do resto de agrupacións de Galicia teñen á súa disposición a formación que presta a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) co curso básico para obter o carné de voluntario como con formación continua para actualizar os seus coñecementos.
Cómpre lembrar ademais que A Lama, unha das bases da AVPC Oitavén-Tea, tamén é sede do novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) posto en marcha este ano pola Xunta, en consenso coas deputacións provinciais e a Fegamp, para dar cobertura a este municipio e aos de Fornelos de Montes, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas. Trátase dun dos tres novos GES creados na provincia de Pontevedra xunto co de A Cañiza e o de Mos/Redondela, este último cunha sede en cada un dos dous municipios. Ademais, aprobouse o funcionamento doutros dous novos GES na provincia de Ourense con sedes en A Veiga e Maceda e do servizo municipal de emerxencias no concello coruñés de Noia. Desta forma, a Xunta busca mellorar a cobertura e os tempos de resposta ante emerxencias en toda a comunidade, polo que tamén vén apoiando o funcionamento e equipamento dos 33 grupos que dan servizo a 189 concellos con máis de 40 millóns de euros investidos nos últimos anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217