O PORRIÑO
O Festival de Cans entrega vales de material escolar
O festival desenvolve esta acción xunto coa empresa de papelería Carlin, que apoia esta iniciativa de entregar 15 vales para mercar material escolar por un valor de 20 euros cada un
O Festival de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para 15 nenas e nenos da aldea que habitualmente colaboran co festival, ou ben que viven en casas que as súas familias ceden para levar a cabo o certame.
Este ano, a organización incorporou a seis rapazas a rapaces que xa cumpriran os 15 anos, e decidiu prescindir dos de menor idade para evitar riscos derivados das circunstancias da Covid, e manter a seguridade como máxima prioridade.
Malia que as nenas e nenos mais pequenos non participaron no festival, desde a organización optouse por continuar facendo un esforzo para seguir coa entrega habitual de vales para mercar material escolar, e poder axudar tamén ás familias. En total, serán vales para que 15 nenas e nenos poidan mercar material escolar por un importe de 20 euros, na cadea de papelerías Carlin, empresa que apoia esta iniciativa.
É o sexto ano consecutivo que Cans desenvolve esta iniciativa, tratando de que o festival sexa unha plataforma que poida colaborar na donación de material e que contribúa a axudar na educación destas nenas e nenos. Todos estes rapaces, ou as súas familias, son colaboradores habituais do festival desde hai xa varios anos, onde desenvolven labores que van desde guiar e orientar nos camiños a todo o público que ven ó Festival de Cans.
Pouco a pouco, moitas e moitos destas nenas e nenos, van coñecendo a estructura do festival, e desenvolvendo labores de maior responsabilidade, sumando moitas e moitos deles xa máis de dez anos traballando na organización. Este ano, sete mozas e mozos de mais de 18 anos incorporáronse á estructura do festival, seguindo deste xeito unha cadea de aprendizaxe dentro da organización.
O Festival de Cans segue unha fórmula organizativa onde os nenos máis pequenos van sendo coordinados por outros maiores, e estes á súa vez son tutelados por persoas adultas, coñecedoras da dinámica do festival. Deste xeito vanse rotando en cada edición para coñecer un por un os departamentos do festival, coa esperanza de que eles sexan os que asuman a organización no futuro.
Algunhas e algúns destes rapaces tamén participan en cada edición no xurado dos veciños, para darlles a oportunidade de visionar todas as curtametraxes a concurso e aportar a súa propia opinión, cun grupo de persoas de maior idade coas que o festival promove unha relación de respecto interxeneracional.
Ábrese o prazo para inscribir nenas e nenos da aldea que queiran colaborar en vindeiras edicións
Para todas as nenas e nenos da aldea maiores de oito anos ou que cumpran esta idade no ano 2022, e queiran participar en vindeiras edicións do Festival de Cans, o Festival abre desde esta semana unha convocatoria. Os seus pais ou tutores poderán contactar coa organización e inscribilos a través das redes sociais do festival, por mensaxe privada.
O festival convida e estimula a estes rapaces para que asistan ás proxecións, ós obradoiros que se organizan, e adquiran tamén os primeiros coñecimentos para aprender a ver o cinema. Coordinados pola veciña de Cans Rosa Bernárdez, a intención do festival é activar a participación destes nenos, dun xeito didáctico e educativo, de xeito que se identifiquen co festival e adquiran valores como a igualdade, a solidariedade, a conservación do patrimonio histórico e natural ou o traballo en equipo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116