GALICIA
Apoio ás axencias de viaxes e ao sector da turoperación con 7m€
O Goberno galego vén de publicar a segunda edición das axudas ao mantemento que cobren os gastos de alugueiro e hipoteca dos locais por 350.000 euros
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta semana no Parlamento de Galicia o apoio prestado polo Goberno galego desde o comezo da pandemia para inxectar case 7 millóns de euros a máis de 1.400 axencias de viaxes e turoperadores a través de distintas liñas de axudas e das dúas convocatorias dos Plans de Rescate da Xunta.
O Goberno galego vén de publicar unha nova liña por 350.000 euros á que xa se poden presentar as solicitudes e que se destina a facer fronte aos gastos de alugueiro ou préstamos hipotecarios dos locais cunha contía do 90% para gastos subvencionables de ata 10.000 euros e do 80% cando a contía sexa maior.
Alfonso Rueda fixo balance tamén das axudas das outras dúas ordes publicadas o pasado febreiro por 3,6 millóns de euros que contaron con 400 beneficiarios: unha delas de 2,4 millóns para sufragar os gastos derivados da creación de produto e transformación dixital e para abonar as pólizas do seguro de responsabilidade civil e outra de 1,2 millóns para o mantemento destes establecementos.
Ademais, no marco dos Plans de Rescate do Goberno galego este segmento recibiu case 3 millóns de euros para máis dun milleiro de solicitudes, 743 peticións por 2,4 millóns de euros para as axencias de viaxe e outras 230 de empresas e autónomos do sector turístico como guías turísticos por máis de 520.000 euros.
Esta ampliación forma parte doutro paquete de medidas de 16 millóns de euros que a Xunta aprobou o mes pasado para seguir a apoiar ao sector turístico neste ano e que inclúe 3,5 millóns de euros para mellorar as infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes ou 6 millóns para os establecementos hostaleiros axudándolles na adquisición de equipamentos poscovid.
O vicepresidente primeiro da Xunta fixo balance no Parlamento galego da resolución das dúas ordes publicadas o pasado febreiro por 3,6M€, unha delas por 2,4M€ para a creación de produto e transformación dixital e outra de 1,2M€ para o mantemento destes establecementos con máis de 400 beneficiarios
Tamén dentro deste paquete se destinan outros 6 millóns de euros a unha convocatoria á que establecementos do sector da hostalería e turístico poden presentar xa as súas solicitudes para a promoción da dixitalización e o marketing dixital, cun importe máximo de 15.000 euros por beneficiario para financiar a instalación de novo software de xestión, a adquisición de equipamento tecnolóxico básico e para o control da pandemia, así como os gastos derivados dos sistemas de control de teletraballo.
Alfonso Rueda destacou que a Xunta leva apoiando ao colectivo das axencias de viaxes desde o comezo da crise sanitaria, tendo en conta que son un segmento fundamental no conxunto das empresas do sector turístico para comercializar a oferta turística da comunidade e dar a coñecer Galicia como destino seguro e de calidade.
De feito, lembrou que o reforzo da mensaxe da comunidade como destino seguro e de calidade coa posta en marcha no sector das medidas de prevención ante a covid-19, iniciativas pioneiras como o seguro coronavirus para recuperar a confianza dos viaxeiros e o traballo de promoción con campañas como Camiña a Galicia permitiron que Galicia fose en agosto a única comunidade en superar os datos turísticos prepandemia cun 70% de ocupación máis que en 2020 e 27 puntos por riba da media nacional en comparación co 2019. Estas cifras súmanse á boa evolución rexistrada en xullo cun 80% máis de ocupación que hai un ano e superando á media estatal en 20 puntos respecto á 2019.
Na súa intervención, o vicepresidente primeiro da Xunta engadiu que no marco do Plan do choque para o sector turístico, no que se engloban as liñas de axudas concedidas ás axencias de viaxe, tamén se aprobaron dúas iniciativas para inxectar liquidez ao turismo galego mediante o incentivo do consumo interno.
Trátase da Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia e Elixe Galicia, coas que a Xunta pretende mobilizar ata 10 millóns de euros e nas que as axencias teñen un papel relevante coa comercialización de paquetes turísticos no primeiro caso e na contratación das estancias elixidas polos beneficiarios no segundo. Así, a Xunta xa leva investidos máis de 3,5 millóns de euros no Bono Turístico con 4.300 tarxetas activadas e a previsión de que se activen outras 5.000 ata finais de ano, mentres que no caso de Elixe Galicia xa se venderon 4.500 estadías turísticas en zonas costeiras ou balnearios e en rutas de patrimonio e cultura ou natureza.
Segundo explicou Alfonso Rueda, Galicia foi pioneira e situouse á vangarda na posta en marcha de axudas directas a sectores afectados pola pandemia como o turístico. Neste 2021 o Goberno galego destinou á reactivación do turismo, 31,2 millóns en convocatorias de axudas e 90 millóns abonados á hostalería no I e II Plan de Rescate da Xunta.
Tendo en conta o compromiso da Xunta coas axencias de viaxe e o sector da turoperación, o Goberno galego solicita a implicación do resto das administracións para a recuperación do turismo e solicitou a reactivación inmediata do programa de viaxes do Imserso tras continuos retrasos e a prorroga dos ERTES nesta actividade ata finais de marzo de 2022, coincidindo coa campaña de Semana Santa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171