Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 22:20:53 horas

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Feijóo expón a combinación de valores e feitos como a base do autogoberno galego

O titular do Goberno galego acompañou esta tarde á S.M. o Rei Felipe VI, na inauguración da III edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á combinación de valores e feitos como a base do autogoberno galego a través do cal Galicia acadou un grao de desenvolvemento e benestar descoñecidos na súa historia.

 

“Os galegos aprendemos que a democracia é fermosa e moi útil. Con ela satisfacemos os nosos desexos de liberdade e, ao mesmo tempo, resolvemos problemas cotiáns e estimulamos o talento individual e colectivo”, afirmou, incidindo en que a defensa da democracia require atender ambas as frontes.

 

 

 

 

“Os galegos aprendemos que a democracia é fermosa e moi útil. Con ela satisfacemos os nosos desexos de liberdade e, ao mesmo tempo, resolvemos problemas cotiáns e estimulamos o talento individual e colectivo”, resalta

 

 

 

 

Nesta liña, e durante a inauguración da III edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, presidida pola S.M. o Rei Felipe VI, Feijóo apelou a coidar os valores democráticos e defendelos sen tregua tanto na acción política cotiá como nos foros de pensamento, fronte “aos cantos de sereas” dos populismos e os seus intentos de facer naufragar a nave democrática.

 

“A democracia non se defende por si mesma. Ha de ser protexida sen desmaio porque a súa esencia está na forza das ideas, non na idea da forza”, abundou, recordando que é o único sistema capaz de reflexionar criticamente sobre si mesmo.

 

Sobre este punto, resaltou a utilidade de encontros coma este foro para abordar os retos e as ameazas da democracia liberal, “sabendo que o seu futuro só depende de nós”, concluíu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.