PROVINCIA
CLIMILLAT chega as aulas para coñecer o cambio climático no Parque das Illas Atlánticas
Fomentar na xente nova actitudes que favorezan a protección ambiental e a promoción de comportamentos sostibles, son os principáis obxectivos desta iniciativa
A Fundación Matrix levará o próximo mes de outubro aos colexios e institutos das áreas de Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa os resultados do proxecto CLIMILLAT.
Este proxecto, financiado con cargo o programa de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Red de Parques Nacionales, recolle un estudo con datos cuantitativos sobre a realidade do cambio climático recente no Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia.
O principal obxectivo deste proxecto é dar a coñecer os resultados obtidos, e promover unha campaña de sensibilización social dirixida principalmente ao alumnado de Bacharelato da área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e indirectamente á sociedade galega.
As charlas terán lugar neste mes de outubro de forma telemática, e estarán dirixidas por Alberto González, investigador especialista en Climatoloxía da Fundación Matrix. A súa misión será transmitir aos máis mozos cal é o estado actual do clima na área de estudo e o seu recente cambio acontecido.
A Fundación Matrix coa colaboración da Xunta de Galicia e a Red de Parques Nacionales levarán as aulas os resultados do proxecto CLIMILLAT, que estuda o fenómeno do cambio climático no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia socioeconómica
A iniciativa busca que os alumnos sexan conscientes da realidade do cambio climático dende unha perspectiva local, e fomentar a promoción de comportamentos sostibles que reduzcan as emisións de CO2 e coiden do medio ambiente.
En palabras de Alberto González, investigador especialista en Climatología da Fundación Matrix:
“O cambio climático é unha realidade incuestionable, e os espazos protexidos son excelentes observatorios para o seguemento do cambio global. Queremos levar os resultados obtidos do noso estudo aos máximos colexios e institutos posibles, para concienciar os mozos e mozas da importancia de comprometerse na loita contra o cambio climático”.
O seguemento do cambio climático na Rede de Parques Nacionais é particularmente importante porque este fenómeno xa está a modificar as condicións ambientais dos seus hábitats, a abundancia de especies biolóxicas e afectando aos servizos dos ecosistemas. Toda a información do cambio climático estará a disposición de tódolos cidadáns a través dun visor cartográfico e atlas dixital na páxina web da Fundación Matrix.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104